Emile Abossolo M'Bo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emile Abossolo M'Bo
Abossolo.jpg
Abossolo no 2005
Nacemento Emile Abossolo M'Bo
29 de agosto de 1958 (56 anos)
Yaoundé, Camerún Camerún
Profesión actor
Fillo(s) Akeva
Ficha na IMDb

Emile Abossolo M'Bo nado o 29 de agosto de 1958 en Yaoundé, é un actor de cine, televisión e teatro camerunense-francés. Ó longo da súa traxectoria traballou en producións francesas, africanas e americanas.

Biografía[editar | editar a fonte]

Abossolo naceu en Yaoundé, a capital de Camerún. O seu pai motivouno no camiño da interpretación dende moi novo. Vive en Francia dende hai vinte anos e ten un fillo chamado Akeva.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abossolo é un actor capaz de falar cinco linguas (inglés, francés, castelán, portugués e a súa lingua nai, o beti). A súa carreira comezou no teatro, interpretando a Hamlet, Titus Andronicus e La Tragédie du Roi Christophe. Fixo papeis de sona en series de televisión francesas como La Brigade des Mineurs e Plus Belle la Vie. É recoñecido internacionalmente polas súas aparicións na serie de televisión Highlander: The Series, Queen of Swords e The Young Indiana Jones Chronicles. Recentemente, está traballar en producións africanas. Actuou no filme Ezra, a cal recibiu o "Stallion of Yennenga" no 2007 no "Panafrican Film and Television Festival of Ouagadougou" en Burkina Faso.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]