Conversa:Elizabeth Taylor

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O enlace á filmografía deixa bastante que desexar. Xa que non se caeu na conta de que ao fin e ao cabo o buscador non dá os resultados de Elizabeth Taylor, senón de Elizabeth e de Taylor xuntos, co cal se no reparto dun filme hai unha Elizabeth X e unha ou un X Taylor, tamén sairá nos resultados.

Exemplo: The Silent House (2011), a presenza no reparto de Elizabeth Olsen e de Julia Taylor Ross, fai que ao por no buscador Elizabeth Taylor saia The Silent House nos resultados (no que supostamente segundo o enlace desta páxina de galipedia é a súa filmografía). Dado que Elizabeth é un nome moi común e o apelido Taylor máis do mesmo, a posibilidade de que saian filmes nos que ela non participe é altísima. Por exemplo, botándolle un vistazo diría que os 8 ou 9 primeiros filmes desa suposta filmografía non teñen nada que ver con Elizabeth Taylor.--88.13.115.96 15:32, 4 de febreiro de 2011 (UTC)

Dálle logo un repaso e aquélao. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 15:33, 4 de febreiro de 2011 (UTC)