Elizabeth Garrett Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElizabeth Garrett Anderson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1836 Editar o valor em Wikidata
Whitechapel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 1917 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Alde House (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mayor of Aldeburgh (en) Traducir
9 de novembro de 1908 – 1911 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlde House (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónHospital de Middlesex (pt) Traducir (1860–1861)
Faculté de médecine de Paris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina e política local (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Upper Berkeley Street (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , sufraxista , médica , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLondon School of Medicine for Women
Elizabeth Garrett Anderson and Obstetric Hospital (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
British Medical Association (pt) Traducir (1873–1892) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJames George Skelton Anderson (1871–1907), morte do cónxuxe
FillosLouisa Garrett Anderson, Alan Anderson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisNewson Garrett (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Louisa Dunnell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMillicent Fawcett, Agnes Garrett (pt) Traducir e Samuel Garrett (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Garrett-960 Find a Grave: 6826018 Editar o valor em Wikidata

Elizabeth Garrett Anderson, nada en Whitechapel, (Londres) o 9 de xuño de 1836 e finada en Aldeburgh, 17 de decembro de 1917, foi a primeira médica británica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1854, durante unhas visitas ás súas amigas da escola, coñeceu a Emily Davies, pioneira feminista e fundadora do Girton College en Cambridge, que se converteu na súa amiga e confidente para o resto da súa vida.

Elizabeth Garrett decidiu estudar Medicina tras asistir a unha conferencia de Elisabeth Blackwell en 1859,[2] foi rexeitada na escola de medicina e matriculouse como estudante de enfermería en Middlesex Hospital mentres estudaba soa con médicos en hospitais en Londres e Edimburgo . En 1865 obtivo a súa licenza para exercer na Sociedade de Farmacéuticos, que era a única que permitía exames para mulleres; entón esta sociedade cambiaría as súas normas para evitar que outras mulleres se incorporen á profesión deste xeito. Elizabeth Garrett Anderson máis tarde doutorouse na Universidade da Sorbona en París en 1870, converténdose na primeira muller de Gran Bretaña en graduarse e doutorarse.[1][3][4][5]

O St. Mary's Dispensary for Women and Children, en Marylebone

Debido a que, como muller, ningún hospital a contrataba a pesar de ter unha titulación, en 1866 abriu unha consulta privada, o St. Mary's Dispensary for Women and Children, en Marylebone, nunha das zonas máis pobres de Londres. Despois decidiu convertelo nun hospital no que só traballaban mulleres, polo que pasou a denominarse Novo Hospital para Mulleres, inaugurado en 1872. En 1918, despois da súa morte, o hospital tomaría o seu nome; agora forma parte da Universidade de Londres.[4]

En 1874 Anderson cofundou con Sophia Jex-Blake, Emily Blackwell e a súa irmá Elizabeth Blackwell unha escola de medicina para mulleres, a London School of Medicine for Women, onde ensinou e foi decana de 1883 a 1903.[1][4]

Escribiu moitos artigos e memorias sobre a súa carreira médica. A súa determinación abriu o camiño para outras mulleres e en 1876 aprobouse unha lei que permitía ás mulleres acceder ás profesións médicas. Tamén se fixo coñecida como unha loitadora activa polo movemento do sufraxio feminino. Así, foi membro do Comité Central da Sociedade Nacional para o Sufraxio das Mulleres en 1889.[5]

Retirada á cidade de Aldeburgh, na costa de Suffolk, en 1908 foi elixida alcaldesa.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Encyclopaedia Britannica (ed.). "Elizabeth Garrett Anderson". 
  2. Claramunt e Claramunt (2012)
  3. 3,0 3,1 Enciclopedia Espasa, volum. 5, páxina 694. 1909. ISBN 8423945057
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Mujeres con ciencia, ed. (2019-08-15). "Elizabeth Garrett Anderson (1836-1917): La doctora que recibió las llaves del reino de la medicina". 
  5. 5,0 5,1 "Elizabeth Garrett Anderson (1836 - 1917)". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. Madrid: UNED. ISBN 9788436264210.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]