Eleccións parlamentarias de Grecia de 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións parlamentarias de Grecia de 2023
 ← 2019 (pt) Traducir Editar o valor em WikidataGrecia Editar o valor em Wikidata 2023 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  → 
Data21 de maio de 2023 Editar o valor em Wikidata
TipoGreek legislative election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidodeputado do Parlamento Helénico Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado9.946.082 Editar o valor em Wikidata
6.060.995
   60.94٪
Ponto percentual (pt) 3.16
Número de votos válidos5.902.747    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
Nova Democracia (pt) Traducir
2.407.860   40.79٪
Ponto percentual (pt) 0.94
Parlamentario 158 → 146 Número de escanos 12
Coalición da Esquerda Radical
1.184.500   20.07٪
Ponto percentual (pt) 11.46
Parlamentario 86 → 71 Número de escanos 15
Movimento pela Mudança (pt) Traducir
676.166   11.46٪
Ponto percentual (pt) 3.36
Parlamentario 22 → 41 Número de escanos 19
Partido Comunista da Grécia (pt) Traducir
426.741   7.23٪
Ponto percentual (pt) 1.93
Parlamentario 15 → 26 Número de escanos 11
Solução Grega (pt) Traducir
262.529   4.45٪
Ponto percentual (pt) 0.75
Parlamentario 10 → 16 Número de escanos 6
Victory (en) Traducir
172.208   2.92٪
Parlamentario 0
Course of Freedom (en) Traducir
170.298   2.89٪
Ponto percentual (pt) 1.43
Parlamentario 0
MeRA25
155.085   2.63٪
Ponto percentual (pt) 0.81
Parlamentario 9 → 0 Número de escanos 9

Editar o valor em Wikidata
Papeletas nunha mesa electoral, 21 de maio de 2023
Urna nunha mesa electoral, 21 de maio de 2023

As eleccións lexislativas de Grecia levaranse a cabo o 6 de agosto de 2023 ou antes.[1] Disputaranse os 300 escanos do Consello dos Helenos.

Esta será a primeira elección desde 1990 na que o sistema electoral non incluirá o sistema de escanos extra, logo da derogación de 2016 da representación semiproporcional.

Sistema electoral[editar | editar a fonte]

A República Helénica conta cun Parlamento unicameral, tamén chamado "Voulí", composto por 300 escanos cubertos durante catro anos mediante votación proporcional plurinominal con listas abertas e cun limiar electoral do 3% en 59 circunscricións electorais. Unha delas, abrangue todo o paíse e representa doce escanos, mentres que as demais circunscricións mandan entre 1 e 18 escanos por circunscrición, segundo as súas poboacións. Sete, delas, tan só aportan un escano. O sistema de votación nestas, polo tanto, de facto, maioría uninominal a unha volta.[2]

Ao seren listas abertas, os electores teñen a posibilidade de realizar un voto preferente a un máximo de catro candidatos da lista pola que votan.[3] Unha vez realizado o escrutinio, os 243 escanos proporcionais repártense segundo o método de Hagenbach-Bischoff entre tódalas listas que superan o limiar do 3% dos votos válidos e e os candidatos que obtiveron o maior número de votos en cada unha das listas, terán un escano con carácter prioritario.[2]

A idade mínima para presentarse ao Parlamento é de 25 anos e o voto é obrigatorio para tódolos electores menores de 70 anos, cunha pena de prisión teórica que vai dun mes a un ano, sendo o rexistro de votantes automático.[4] Así e todo, aínda nunxa se levou a cabo esa disposición punitiva.[5] Desde 2019, a idade para ter dereito a voto é de dezasete anos.

Cambios recentes[editar | editar a fonte]

Vista xeral do Parlamento grego.

Estas son as primeiras eleccións lexislativas que non inclúen bonificación maioritaria desde as eleccións de 1990. Esta bonificación asignaba 50 escanos ao partido que vencía, distribuíndose os outros 250 proporcionalmente. Representando o 16,7% do total de escanos permitía, teoricamente, que un partido obtivese a maioría absoluta cando obtivese polo menos o 40,4% dos votos. Non obstante, esta cifra diminuíu cando moitos partidos non superaban o limiar electoral do 3%. Así, durante as eleccións de maio de 2012, sete partidos de trinta e dous traspasaron o limiar, o que tivo como efecto rebaixar a cota mínima de votos para acadar a maioría absolluta ata o 32,8%.

A bonificación maioritaria quedou suprimida pola reforma da lei electoral de xullo de 2016, nunha lexislatura na que SYRIZA tivera maioría. Isto debeuse a unha disposición constitucional sobre as emendas á lei electoral: necesítábase unha maioría de dous terzos (200 o máis votos do Vouli) para que a lei entrase en vigor de inmediato e, a falta de tal maioría cualificada, xorde unha lei electoral. Entrará en vigor só na seguinte elección. A lei de SYRIZA de 2016 era un regreso á representación proporcional simple na que os 300 escanos son elixidos por representación proporcional plen e se abandonaba o bono con prima de maioría de 50 escanos vixente dende 1990 (aínda que os límites se modificaron co tempo). Porén, como a lei non conseguiu a maioría cualificada necesaria de dous terzos, só se aplicou a partir da seguinte lexislatura, polo que non entrou en vigor para as eleccións de 2019, senón para as eleccións de 2023.[6]

En xaneiro de 2020, pouco despois de regresar ao poder, Nova Democracia, que sempre fora partidario dos bonos maioritarios dende 1974, aprobou unha nova lei electoral para restablecelos, aínda que baixo unha fórmula moi diferente. A lista do partido que gañase recibía 20 escanos adicionais (antes 50), a condición de que obtivese máis dos 25% dos votos emitidos. A bonificación é de 20 escanos máis 1 escano en incrementos do 0,5% por encima do 25% dos votos, ata un máximo de 50 escanos para un total do 40% dos votos. Os restantes escanos variables repártense proporcionalmente para que o total sexa sempre de 300. Mais, como esta lei, tampouco logrou como a anterior obter os votos de 200 deputados sobre 300, non se aplicará nas eleccións lexislativas de 2023 que, polo tanto, teñen lugar cun sistema proporcional integral, senón nas seguintes. É dicir, nas de 2027 a máis tardar).[7]

Forzas políticas[editar | editar a fonte]

Partido Posicionamento e

Ideoloxía

Líder Resultados anteriores
% votos Deputados
Modelo:Infobox Parti politique grec/couleurs | Nova Democracia
Néa Dimokratía (ND)
Centro Dereita a Dereita
Liberal-conservadorismo, democracia cristiá, europeísta
Kyriakos Mitsotakis 39,85 % 158
Modelo:Infobox Parti politique grec/couleurs | Coalición de Esquerda Radical
Synaspismós Rizospastikís Aristerás (SYRIZA)
Esquerda
Socialismo democrático, Populismo de esquerda, euroescepticismo, patriotismo económico
Alexis Tsípras 31,53 % 86
Modelo:Infobox Parti politique grec/couleurs | Movemento polo Cambio
Kinima Allagis (KINAL)
Centro esquerda
Socialdemocracia, Socialiberalismo, europeísta
Nikos Androulakis 8,10 % 22
Modelo:Infobox Parti politique grec/couleurs | Partido Comunista Grego
Kommounistiko Komma Elladas (KKE)
Extrema esquerda
Comunismo, marxismo-leninismo, euroescepticismo
Dimítris Koutsoumbas 5,30 % 15
Solución Grega
Ellinikí Lýsi (EL)
Dereita a Extrema Dereita
Nationalconservadorismo, nacionalismo, euroescepticismo
Kyriákos Velópoulos 3,70 % 10
Fronte de Desobediencia Realista Europea
Μétopo Evropaikís Realistikís Anypakoís (MeRA25)
Esquerda radical
Altermundismo, poscapitalismo
Yanis Varoufakis 3,44 % 9
Modelo:Infobox Parti politique grec/couleurs | Amencer Dourado
Χρυσή Αυγή (XA)
Extrema Dereita
Ultranacionalismo, neofascismo, euroescepticismo
Nikólaos Michaloliákos 2,93 % 0

Enquisas de opinión[editar | editar a fonte]

Liña de tendencia de regresión local dos resultados da enquisa dende o 7 de xullo de 2019 ata jullo de 2023, e cada liña corresponde a un partido político.
Liña de tendencia de regresión local dos resultados da enquisa dende o 7 de xullo de 2019 ata jullo de 2023, e cada liña corresponde a un partido político.

Resultados[editar | editar a fonte]

Partido Votos % +/- Deputados +/-
Novva Democracia (ND)
SYRIZA
Movemento polo Cambio(KINAL)
Partido Comunista Grego(KKE)
Solución Grega (EL)
Fronte de Desobediencia Realista Europea (MeRA25)
Amencer Dourado (XA)
Outros partidos
Independentes
Votos emitidos
Votos nulos
Votos brancos
Total 100 300
Abstención
Inscritos / Participación

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tsipras Says Mitsotakis Will Call Early Elections Before 2023 The National Herald, 10 June 2022
  2. 2,0 2,1 "Vouli Ton Ellinon (Parlement hellénique)". ipu.org (en francés). 12 de xuño de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2023. 
  3. "Information for the Voters". ypes.gr (en inglés). 2009. Consultado o 15 de marzo de 2023. 
  4. "Constitution of Greece" (PDF). Hellenic Parliament. Consultado o 2011-11-05. Article 51, Clause 5: The exercise of the right to vote is compulsory. 
  5. Redacción (12 de xuño de 2004). "Υποχρεωτική η ψήφος αλλά «παγωμένες» οι κυρώσεις". Eleftherotypia (en grego). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  6. "Σκουρλέτης: Μακάρι η απλή αναλογική να εφαρμοστεί στις επόμενες εκλογές". kathimerini.gr (en grego). 7 de maio de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2023. 
  7. Redacción (24 de xaneiro de 2020). "Parliament votes to change election law". ekathimerini.com (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2023.