El hijo de la novia
El hijo de la novia é unha película arxentina dirixida por Juan José Campanella no ano 2001.
Protagonizada por actores arxentinos de sona como Norma Aleandro e os afincados en España Héctor Alterio e Natalia Verbeke, esta película obtivo un enorme éxito e recoñecemento de público e crítica, recollendo multitude de premios.
Índice |
Argumento[editar]
Rafael Belbedere (Ricardo Darín) é un home que ronda os 30 anos e ó que lle vai mal o negocio do restaurante herdado polo seu pai Nino (Héctor Alterio). Ademais, na súa vida sentimental tampouco lle van ben as cousas, xa que está divorciado. Por todo isto, non lle presta moita atención á súa moza Naty (Natalia Verbeke) e hai moito que non vai a visitar á súa nai Norma, (Norma Aleandro) que padece alzhéimer e está ingresada nunha residencia.
Rafael terá que intentar ver cumprido o vello soño da súa nai, que é casar pola Igrexa, antes de que faleza.
Reparto[editar]
- Ricardo Darín
- Héctor Alterio
- Norma Aleandro
- Eduardo Blanco
- Natalia Verbeke
- Gimena Nóbile
- David Masajnik
- Claudia Fontán
- Atilio Pozzobon
- Salo Pasik
- Humberto Serrano
- Fabián Arenillas
- Mónica Cabrera
- Giorgio Bellora
- Mónica Virgilito
- Victoria Troncoso
- Rubén Green
- Miguel Padilla
- Walter Mackenzie
- Adrián Suar
- Alfredo Alcón
- Antonio Caride
- Diego Mackenzie
- Pablo Ingercher Casas
- Rogelio Romano
- Gabriela Arista
- Gabriel Eisbruch
- León Dogodny
- Juan José Campanella
- Fernando Alcalde
- Lucas de Diego
- Daniel Kazimierski
- Ariel Caravaggio
- Valentino Carranza
- Francisco Monet
- Jorge Palavecino
- Daniel Topino
- Luis Pérez González
- Jorge Fungaray
- Julio Ramírez
- Oscar Bustamante
- Marcelo Crisóstomo
- Quico Alfonsin
- Carlos Álvarez-Novoa
- Amanda Beitia
- Carlos Nizza
- Alicia Rodríguez
- Aldo Tavagnutti
Curiosidades[editar]
O soño do papel interpretado por Norma Aleandro será o mesmo que na vida real tivo a actriz chilena xa falecida, María Cánepa.
Premios[editar]
- Candidata ó premio Oscar á mellor película de fala non inglesa.