El Eco de Galicia (A Habana)
El Eco de Galicia foi un xornal galego editado na Habana entre 1878 e 1902.
Historia e características [editar]
Foi o primeiro gran xornal galego na emigración. O primeiro número saíu o 8 de marzo de 1878. O seu nacemento e evolución están vencellados ao seu director, Waldo Álvarez Insua, que foi o iniciador do Centro Gallego desde as páxinas do xornal. Entre xullo e outubro de 1901 estivo dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento.
El Eco de Galicia era un xornal escrito en castelán, con colaboracións literarias en galego. Tiña información sobre a vida societaria galega en Cuba (Centro Gallego e Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia), noticias locais de Galicia e publicidade dos principais negocios galegos da Habana.
Os seus derradeiros números editáronse en 1902. Foi substituído por Galicia.