Educación primaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Educación Primaria")
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

A educación primaria é a que asegura a correcta alfabetización, é dicir, que ensina a ler, a escribir, o cálculo básico e algúns dos conceptos culturais considerados imprescindibles. A súa finalidade é proporcionar a todo o alumnado unha formación común que faga posible o desenvolvemento das capacidades individuais motrices, de equilibrio persoal; de relación e de actuación social coa adquisición dos elementos básicos culturais; as aprendizaxes relativas mencionados anteriormente. É o primeiro paso para a educación secundaria e superior. Na maioría de países constitúe un estadio obrigatorio e impártese en escolas ou colexios. Os nenos e nenas deben comezar a educación primaria coincidindo co ano natural no que cumpren 6 anos e normalmente rematan aos 12.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Os obxectivos xerais deste período educativo son:

  • Comprender e producir mensaxes orais e escritas en castelán e, no seu caso, na lingua propia da comunidade autónoma, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así coma comprender e producir mensaxes orais e escritos sinxelos e contextualizados nunha lingua estranxeira, xeralmente inglés.
  • Comunicarse a través dos medios da expresión verbal, corporal, visual, plástica, musical e matemática, desenvolvendo o razoamento lóxico, verbal e matemático, así coma a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para gozar das obras e manifestacións artísticas.
  • Empregar na resolución de problemas sinxelos os procedementos oportunos para obter a información pertinente e representala mediante códigos, tendo en conta as condicións necesarias para a súa solución.
  • Identificar e formular interrogantes e problemas a partir da experiencia diaria, empregando tanto os coñecementos e os recursos materiais dispoñibles coma a colaboración doutras persoas para resolvelo de forma creativa.
  • Actuar con autonomía nas actividades habituais e nas relacións de grupo, desenvolvendo as posibilidades de levar a cabo iniciativas e de establecer relacións afectivas.
  • Colaborar na realización e planificación de actividades en grupo, aceptar as normas e regras que democraticamente se establezan, articular os obxectivos e intereses propios cós dos outros membros do grupo, respectando puntos de vista distintos, e asumir as responsabilidades que correspondan.
  • Establecer relacións equilibradas e construtivas coas persoas en situacións sociais coñecidas, comportarse de maneira solidaria, recoñecendo e valorando criticamente as diferenzas de tipo social e rexeitando calquera discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais.
  • Apreciar os valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana e obrar de acordo con eles.
  • Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do entorno natural e social, e contribuír activamente, no posible, á defensa, conservación e mellora do medio ambiente.
  • Coñecer o patrimonio cultural, participar na súa conservación e mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural coma dereito dos pobos e individuos, desenvolvendo unha actitude de interese e respecto deica o exercicio deste dereito.
  • Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuír ó seu desenvolvemento, adoptando hábitos de saúde e benestar e valorando as repercusións de determinadas condutas sobre a saúde e a calidade de vida.

A educación organizase nas seguintes áreas impartidas polos Mestres/as:

Comprende seis cursos académicos, dende os 6 aos 12 anos e ten carácter obrigatorio. Estruturase en tres ciclos de dous cursos cada un, para os que se establecen uns obxectivos xerais para cada etapa: ciclo inicial (de 6 a 8 anos), ciclo medio (de 8 a 10 anos) e ciclo superior (10 a 12 anos). Esta é a primeira etapa obrigatoria do sistema educativo polo que deben incorporarse a ela tódolos nenos e nenas de 6 anos independentemente de se realizaron ou non a Educación Infantil.