E. L. Doctorow
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Edgar Lawrence Doctorow, nado 6 de xaneiro de 1931 en Nova York, é un novelista norteamericano, un dos máis recoñecidos no xénero da novela histórica.
Índice |
[editar] Traxectoria
Doctorow criouse no Bronx, Nova York, os seus pais era xudeus rusos de segunda xeración, no instituto salientou en artes. Doctorow foi un lector voraz e continuou a súa educación no Kenyon College onde estudou con John Crowe Ransom. Despois de se graduar en 1952, continuou na Universidade de Columbia antes de se incorporar ao exército con destino en Alemaña. Comezou a traballar como lector en Columbia Pictures, deixándoo para se converter en editor da New American Library (1959-1964) e traballou como editor xefe de Dial Press desde 1964 ata 1969. Deu clases en varias universidades norteamericanas, a Universidade de California, Yale, Pricenton e actualmente na Universidade de Nova York
A pesar de escribir libros durante en anos, non foi ata a publicación de The Book of Daniel en 1971 que conseguíu recoñecemento. O seu seguinte libro, Ragtime, foi un éxito comercial e de crítica.
[editar] Obras
- (1960) Welcome to Hard Times
- (1966) Big As Life
- (1968) The Songs of Billy Bathgate.
- (1971) The Book of Daniel. Nominada para o National Book Award, noveliza a historia de Julius e Ethel Rosenberg, executados en 1953 por pasaren secretos nucleares á Unión Soviética.
- (1975) Ragtime. Despois de recibir o National Book Critics Circle Award de ficción e o Arts and Letters Award, fíxose un filme en 1981 e un musical en 1998.
- (1979) Drinks Before Dinner (teatro)
- (1980) Loon Lake (novela)
- (1982) American Anthem (novela)
- (1984) Lives of the Poets: Six Stories and a Novella
- (1985) World's Fair. Recibiu o National Book Award 1986.
- (1989) Billy Bathgate. finalista para o Pulitzer gañou o PEN/Faulkner award. Fíxose un filme en 1991, que Doctorow considerou un desgusto. [1]
- (1994) The Waterworks
- (2000) City of God
- (2003) Reporting the Universe (non ficción)
- (2004) Sweet Land Stories
- (2005) The March, ISBN 0-375-50671-3. Noveliza a campaña do xeneral Sherman no sur. Premio do National Book Critics' Circle Award de ficción e o PEN/Faulkner award. Finalista tamén do Premio Pulitzer e nominada para o National Book Award.
- (2006) Creationists: Selected Essays 1993-2006 (Random House)
[editar] Notas
- Arana-Ward, Marie. (17 de abril, 1994). "E. L. Doctorow". The Washington Post, p. X6.