Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb é un filme de Stanley Kubrick. Comedia negra a prol dos perigos dun desastre nuclear.
Baseada na particular lectura que Kubrick fai da novela do navegador da RAF Peter George Red Alert, publicada en Inglaterra como Two Hours to Doom, baixo o pseudónimo de Peter Bryant.
No libro a acción ten lugar en tres localizacións separadas: a Sala de Guerra, a base de Sonor das forzas aéreas, e o bombardeiro B-52 B-52 "Alabama Angel". E nel se explica en detalle como unha guerra nuclear podería acontecer por puro accidente.
A medida que constrúe o guión Kubrick descobre que máis dunha das escenas e sucesos que acontecen, a pesares das terribles consecuencias que presaxian, raian no absurdo pero sobre todo no cómico. Kubrick comentaría: Despois de todo, que podería ser máis absurdo que a propia idea de dous mega-poderes dispostos a acabar coa vida humana por mor dun accidente,[1]?
E foi neste momento que decidín tratar a historia como unha comedia pesadelo. Seguir este enfoque, pensei, non interfería coa presentación de argumentos ben fundamentados. A renuncia a o incongruente, pareceu-me ser menos estilizado e máis realista do que calquera chamado tratamento serio, que de feito había ser máis estilizado que a vida pola súa exclusión coidadosa do banal, do absurdo e da incongruencia. No contexto de destrución inminente do mundo, a hipocrisía, a incomprensión, a luxuria, a paranoia, a ambición, o eufemismo, o patrioterismo, o heroísmo, ou aínda o razoable poden provocar unha risada sinistra.[1]
A versión final do guión[2] debe moito a supervisión do novelista cómico Terry Southern e as moitas contribucións feitas no estudio de gravación polos actores -especialmente Peter Sellers-.