Distritos de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distritos de Portugal.

Lista dos Distritos de Portugal:

Lista dos antigos distritos portugueses:

Distritos en Portugal[editar | editar a fonte]

En Portugal un Distrito Administrativo ou, simplemente, Distrito, é unha división administrativa que data de 1835. Até entón o país estaba dividido em provincias, que se subdividían en comarcas. A Lei de 25 de abril de 1835 suprimiu as provincias e as comarcas e creou 17 distritos no continente e catro nas Illas Adxacentes. Á fronte de cada Distrito ficaría un Administrador-Xeral - a partir de 1840, designado por un Gobernador Civil.

Poucas mudanzas houbo dende entón; a mudanza de sede do distrito de Lamego, que pasou para Viseu, debido á súa posición máis central; e a creación do distrito de Setúbal, en 1926, autonomizado do distrito de Lisboa.

Os catro distritos sitos nas illas adxacentes - tres no arquipélago dos Azores (Angra do Heroísmo, Horta e Ponta Delgada) e un na Madeira (Funchal) - foron suprimidos coa entrada en vigor da Constitución de 1976, que lle concedeu unha autonomía rexional a través dos respectivos Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma das Azores e Estatuto Político Administrativo da Rexión Autónoma de Madeira previstos na Constitución da República Portuguesa.

Por analoxía, o termo Distrito, en Portugal, podería ser entendido como correspondendo aos Estados brasileiros.

En Portugal a designación Distrito é tamén aplicada ás grandes divisións xudiciais do país, cada unha correspondendo a un Tribunal da Relação. Neste ambito os distritos son chamados distritos xudiciais. Actualmente existen os Distritos Xudiciais de Guimarães, do Porto, de Coimbra, de Lisboa e de Évora.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]