Distrito de Aveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Aveiro

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°38′28″N 8°39′14″O / 40.6411, -8.6539Coordenadas: 40°38′28″N 8°39′14″O / 40.6411, -8.6539
EstadoPortugal Editar o valor em Wikidata
CapitalAveiro Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación77.916 (2018) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PT-01 Editar o valor em Wikidata

Sitio webgov-civil-aveiro.pt Editar o valor em Wikidata

O Distrito de Aveiro é un distrito portugués que pertence á provincia tradicional da Beira Litoral, agás os concellos máis ao norte, que pertencerían ao Douro Litoral. Limita ao norte co Distrito do Porto, ao leste co Distrito de Viseu, ao sur co Distrito de Coímbra e ao oeste co océano Atlántico. Comprende unha área de 2808 km² (sendo así o 14º maior distrito portugués) e conta cunha poboación residente de 752.867 habitantes (2006). A capital do distrito é a cidade de Aveiro.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O distrito de Aveiro subdivídese nos seguintes 19 municipios:

Na actual división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase dividido entre a Rexión Norte e a Rexión Centro. Pertencen á Rexión Norte os concellos da subrexión de Entre Douro e Vouga, Castelo de Paiva, parte da subrexión do Tâmega e Espinho, pertencente ao Grande Porto. Á Rexión Centro pertencen os restantes concellos, incluídos na subrexión do Baixo Vouga. En resumo:

Xeografía física[editar | editar a fonte]

O distrito de Aveiro localízase, na súa maior parte, por debaixo dos 100 m de altitude, ocupando unha chaira costeira que chega a ter cerca de 40 km de longo na parte sur do distrito. A paisaxe desta chaira é dominada pola Ria de Aveiro, e polos ríos da conca hidrográfica do Vouga (Cértima, Alfusqueiro, Águeda, Antuã e o propio Vouga na chaira litoral, e Agadão, Caima e Mau xa nos contrafortes da serra).

Cara ao leste e o norte, o relevo tórnase máis accidentado, chegando a estenderse ata a serra do Montemuro, ao nordeste. Na súa fronteira norte, o distrito contacta brevemente co río Douro e con algúns dos seus afluentes (Arda e Paiva).

O litoral é areoso, cunha paisaxe típica de zona lagunar e un cordón dunar de espesura variable que separa as augas calmas da ria de Aveiro do mar.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]