Lei de Dependencia (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e ás familias, máis coñecida como «Lei de Dependencia», é unha lei española que senta as bases para construir o futuro Sistema Nacional de Atención á Dependencia, que financiará os servizos que necesitan as persoas dependentes, ben por sufrir unha enfermidade ou accidente invalidante ou ó chegar á vellez.

A Lei foi presentada o 5 de marzo de 2006 polo presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, nun acto público.

O 20 de abril de 2006 foi aprobada polo Consello de Ministros, e o 30 de novembro de 2006 foi aprobada de forma definitiva no Pleno do Congreso dos Deputados cunha ampla maioría.

A Lei, vixente desde o 1 de xaneiro de 2007, establece tres tipos de dependencia:

  • Grandes dependentes: aqueles que necesitan axuda as 24 horas do día.
  • Dependentes graves: aqueles que necesitan axuda dous ou tres veces ó día.
  • Dependentes moderados: aquelos que só necesitan axuda unha vez ó día.