Didier Reynders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDidier Reynders

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Liexa, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Comissário Europeu da Justiça, Direitos Fundamentais e Cidadania (pt) Traducir
1 de decembro de 2019 –
← Věra Jourová (en) Traducir
Minister of Defence of Belgium (en) Traducir
9 de decembro de 2018 – 30 de novembro de 2019
← Sander LoonesPhilippe Goffin (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Michel II Government (en) Traducir, Wilmès I Government (en) Traducir
Minister of Foreign Affairs in Belgium (en) Traducir
6 de decembro de 2011 – 30 de novembro de 2019
← Steven VanackerePhilippe Goffin (pt) Traducir →
Minister of European Affairs (en) Traducir
6 de decembro de 2011 – 30 de novembro de 2019
← Olivier Chastel (pt) TraducirKoen Geens →
Gabinete ministerial: Di Rupo Government (en) Traducir, Governo de Michel (pt) Traducir, Michel II Government (en) Traducir, Wilmès I Government (en) Traducir
Minister of Finance of Belgium (en) Traducir
12 de xullo de 1999 – 6 de decembro de 2011 – Steven Vanackere →
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica
xaneiro de 1993 – 5 de decembro de 2019
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lieja (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , profesor universitario , Noiraud (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovimento Reformador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Noirauds (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdidierreynders.be Editar o valor em Wikidata
Twitter: dreynders Editar o valor em Wikidata

Didier J.L. Reynders, coñecido como Didier Reynders, nado en Liexa o 6 de agosto de 1958 é un político valón, que actualmente é presidente do Mouvement Réformateur (MR) e que foi ministro do Goberno federal de Bélxica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

É o menor de tres irmáns. Estudou Dereito na Universidade de Liexa (HEC-ULg) e licenciouse en 1981. Na década de 1980 entrou en política da man de Jean Gol.

Carreira política e profesional[editar | editar a fonte]

Didier Reynders, 2014.

Foi director xeral do departamento de poderes locais do Ministerio da Rexión Valoa (1985-1988) e de 1986 a 1991 foi presidente da compañía de ferrocarril NMBS/SNCB e en 1988 conselleiro de Liexa. De 1991 a 1993 foi presidente da Societat Nacional de Vies Aèries. Tamén é profesor da Escola de Administración da HEC-ULg.

Electo deputado por primeira vez en 1992, foi presidente do grupo parlamentario PRL en 1995-1999. Despois das eleccións lexislativas belgas de 1999 foi ministro de Finanzas de Bélxica no primeiro goberno de Guy Verhofstadt. Durante 2001 foi presidente do Eurogrupo (reunión de ministros de Finanzas da zona do euro) e do ECOFIN.

O 1 de outubro de 2004 foi elixido presidente do Mouvement Réformateur, partido do que xa era vicepresidente desde 1992. Tras as eleccións lexislativas belgas de 2007 formou parte dos gobernos de Guy Verhofstadt (2007), Herman Van Rompuy (2008) e Yves Leterme (2009) como ministro de Economía. Tras a crise Bruxelas-Halle-Vilvoorde de abril de 2010, Alberto II de Bélxica nomeouno como informante para a formación dun novo goberno de coalición tras o fracaso das negociacións con Jean-Luc Dehaene.

En decembro de 2021, Reynders reuniuse con membros de SCC a pesar de que a asociación unionista catalá non estaba rexistrada oficialmente no rexistro de transparencia da Comisión Europea, o que provocou unha queixa formal dos eurodeputados de Junts per Catalunya.[1]

Foi criticado por afirmar, tras reunirse co eurodeputado do PP González Pons, que se debía mudar o sistema español de escolla do Consello Xeral do Poder Xudicial e que daría "bo exemplo".[2][3] Posteriormente, en decembro de 2022 lamentou o atraso na renovación do CXPX.[4]

En xaneiro de 2023 foi comentada en redes sociais a súa reacción, a rir, durante un discurso do eurodeputado de ultradereita Hermann Tertsch.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Parlons-en, 2007, éditions Luc Pire.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • André Gilain, Didier Reynders: The hidden face of the iceberg, 2007, edicións Luc Pire.
  • Marco Van Hees, L'homme qui parle à l'oreille des riches, 2007, éditions Aden.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]