Diadumeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Diadumeno é unha estatua deseñada por Policleto no século V a. C. A estatua orixinal foi realizada en metal, seguramente en bronce, mais na actualidade só se conservan copias de pedra calcaria e mármore.

Representa a un atleta grego cinguindo na súa cabeza a cinta da vitoria, de onde vén o nome διαδούμενος/ diadoumenos, «o que cingue e descingue», que deriva do termo grego διαδέω/ diadeo, «cinguidor ou ben cinguido». Aínda está espido despois da competición e eleva os brazos para atarse a diadema, unha banda en forma de cinta que identifica ao gañador e que na obra orixinal de ao redor do ano 420 a. C.|420 a. C. estaría representada por unha cinta labrada.[1]

Estilo[editar | editar a fonte]

Detalle

A figura está en pé, en contrapposto co seu peso sobre a perna dereita. O exemplar da estatua conservado no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas ten o seu xeonllo fracturado. Mostra poros polos que máis dunha vez filtrouse auga, que fracturou a pedra calcaria, o que requiriu varias reconstrucións. Ten a súa cabeza inclinada lixeiramente á dereita, contida, como aparentemente perdido na vida divina.

O Diadumeno, xunto ao Doríforo son as esculturas máis famosas de Policleto, formando tres modelos básicos para a escultura da Grecia Antiga, representando os tres a mozos idealizados dunha maneira convincentemente naturalística. A estatua ilustra os principios enunciados por Policleto no seu Canon: a altura total equivalía a sete veces a altura da cabeza, que é a lonxitude do pé apoiado.

O Diadumeno é unha obra senlleira do clasicismo xenuíno; a escultura combina equilibrio e dinamismo, grazas a unha hábil conxunción da torsión das costas e das cadeiras.

Copias romanas[editar | editar a fonte]

Cabeza do tipo Diadumeno, Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas
Reconstrución en bronce no Museo Pushkin, Moscova

O orixinal do Diadumeno (realizado presumiblemente en bronce mediante a técnica de fundición) non se conserva e houbo de perderse en data temperá. A copia máis coñecida consérvase no Arqueolóxico de Atenas. Hai outras, coma a do British Museum de Londres, o Metropolitana de Nova York e o Museo do Prado. Esta última, unha das mellores, está un tanto desvirtuada xa que no século XVII foille implantado un brazo de forma errada.

A Historia Natural de Plinio descrebe copias de mármore romanas dos orixinais gregos en bronce, con todo non foi recoñecido até 1878[2] que a copia romana en mármore procedente de Vaison-la-Romaine (Vasio Romana, Francia), agora no Museo Británico, recrea o orixinal en bronce de Policleto.[3] De feito, as copias romanas en mármore deberon abundar, a xulgar polo número de fragmentos recoñecibles e obras completas (incluíndo unha cabeza no Louvre, un exemplo completo no Metropolitan Museum of Art, o exemplar do Prado e outro exemplo completo (o Diadumeno Farnesio) no Museo Británico).

O mármore Diadumeno de Delos no Museo Nacional de Atenas ten a capa do vencedor e unha alxaba, apuntando que el é o vencedor dun concurso de arco, o que quizais implica unha referencia a Apolo, que tamén era representado como un mozo idealizado.

Recepción moderna[editar | editar a fonte]

Un feito que sinala o continuado valor artístico que se outorga ao tipo Diadumeno na época moderna, unha vez que se lle relacionou de novo con Policleto en 1878, pode obterse dos feitos de que unha copia estaba entre as esculturas aliñadas no tellado do Museo Nacional de Atenas cando se completou en 1889,[4] e que a Venus Esquilina ás veces foi interpretada como unha versión feminina do tipo Diadúmenos (unha diadúmena, ou muller atándose unha diadema).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nos tempos helenísticos a diadema converteuse en símbolo do pobo e das cortes do imperio; no Diadumeno de Policleto, con todo, a acción non é aínda simplemente un vencedor que se ata a banda na cabeza se non a divindade que representa ao atleta novo e robusto.
  2. Adolf Michaelis, 1878. "Tre statue Policlitee", Annali dell'Instituto di Corrispondenza Archeologica páx. 5-30, sinalan Haskell e Penny 1981:118, nota 11.
  3. As mans perdéronse.
  4. Francis Haskell e Nicholas Penny, 1981. Taste and the Antique: The Lure of Classical Sculpture 1500-1900 (Yale University Press), páx. 107.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Herbert Beck, Peter C. Bol, Maraike Bückling (Hrsg.): Polyklet. Der Bildhauer der griechischen Klassik. Ausstellung im Liebieghaus-Museum Alter Plastik Frankfurt am Main. Von Zabern, Mainz 1990 ISBN 3-8053-1175-3
  • Detlev Kreikenbom: Bildwerke nach Polyklet. Kopienkritische Untersuchungen zu dean männlichen statuarischen Typen nach polykletischen Vorbildern. "Diskophoros", Hermes, Doryphoros, Herakles, Diadumenos. Mann, Berlín 1990, ISBN 3-7861-1623-7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diadumeno