Dhaunae de Vir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDhaunae de Vir
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncreadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 5181177

Dhaunae de Vir, nada nos Ancares[1] é unha profesional polifacética, desenvolvedora de negocio de videoxogos e transmedia, ex xogadora semiprofesional de eSports.[2] [3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende hai anos vive entre Estocolmo, Madrid e Londres onde traballa para a empresa de videoxogos Paradox Interactive.[3] Ten unha ampla experiencia en proxectos transmedia, incluíndo deseño, produción e programación de videoxogos. Tamén foi xogadora semiprofesional de deportes electrónicos (eSports) e contribuíu á creación do Libro branco dos deportes electrónicos para o Reino Unido.[3]

Na súa traxectoria profesional realizou proxectos de éxito na industria cinematográfica, como Judas Goat , unha serie en liña con subtítulos en galego polo que recibiu un BAFTA New Talent Award[2] e a curtametraxe Sunsets and Silhouetes (Solpores e Siluetas) pola que foi finalista. [4]

Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]