Dev Patel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dev Patel, nado o 23 de abril de 1990 en Londres, é un actor inglés de orixe india, concretamente guxarati.
[editar] Traxectoria
Patel é cinto negro de Taekwondo e foi medallista de bronce nos Campionatos Mundiais da Action International Martial Arts Association de 2004 en Dublín. Como actor fíxose famoso no Reino Unido por interpretar a Anwar Kharral nas dúas primeiras tempadas da serie xuvenil Skins e internacionalmente como Jamal Malik no filme de Danny Boyle Slumdog Millionaire (2008). É un dos protagonistas do filme The Last Airbender a estrear en 2010, baseado na serie de debuxos animados Avatar: The Last Airbender.