Desfiladeiro das Xanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°16′07″N 5°59′01″O / 43.268739095844, -5.9837075959681

Foz das Xanas.

O desfiladeiro das Xanas, tamén coñecido como Caballada ou das bruxas, recibe o nome das xanas na honra das ninfas da mitoloxía asturiana. Atópase xeograficamente entre os concellos asturianos de Santo Adriano, Quirós e Proaza. Ten unha lonxitude de dous quilómetros e percorre unha senda escavada no monte. Esta era un proxecto para conectar as vilas de Pedroveya, Rebollada e Dosango co val do Trubia. Parte da área recreativa El Molino e termina na ermida de Santo Antonio, volvendo pola ruta de Valdolayés, nun circuíto circular.[1]

Localización[editar | editar a fonte]

Igrexa de Pedroveya.

Este desfiladeiro da cordilleira Cantábrica do norte asturiano chega a acadar unha profundidade de ata 80-90 metros. Está tallado na cara oeste dos montes da serra do Aramo polo regato Viescas ou das Xanas que se dirixe no seu descenso nunha sucesión de estratos calizos e desembocando no río Trubia. Gran parte do seu paseo peonil discorre pola beira dereita do río.

Ruta no desfiladeiro das Xanas.

Ecosistema[editar | editar a fonte]

O ecosistema da zona é rico en vexetación, con concentracións de abeleiras, freixos de folla estreita, tileiros, pradairos, carballos, faias e ulmeiros, que envolven a senda. Dentro da fauna, destacan as lontras e os aguaneiros, o que indica o bo estado de conservación das augas, e entre as aves teñen presenza permanente a aguia real, o voitre branco, o azor e o falcón peregrino.

Declarado monumento natural do Principado de Asturias en abril de 2002, conta con duascentas hectáreas da contorna do regato Viescas ou das Xanas.[2] O enclave en xeral reúne un grande interese natural, xeolóxico e xeomorfolóxico que fixo que se incluíse no Inventario de Puntos de Interese Xeolóxico de Asturias.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]