Deserto do Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto satélite do deserto de Atacama, Chile.

O deserto do Pacífico, tamén chamado deserto de Atacama-Sechura polo Fondo Mundial para a Natureza, é un extenso deserto costeiro de clima subtropical atravesado por ríos curtos de réxime estacional. Percorre o litoral occidental de América do Sur dende o océano Pacífico até a cordilleira dos Andes, entre as latitudes 6°S e 27°S, aproximadamente, en territorios que pertencen ao Perú e a Chile.

Ecosistema[editar | editar a fonte]

Nesta ecorrexión atópanse incluídos tódolos desertos costeiros de Chile e do Perú, tales como o deserto de Atacama, o deserto de Sechura e moitos outros desertos pequenos separados por vales que conforman o deserto costeiro do Perú.

Forma unha franxa de 30 a 100 km de ancho ao longo da costa e chega até os 600-1000 msnm cara ao norte e os 2000 msnm no sur.

Clima[editar | editar a fonte]

Caracterízase por ter unhas condicións de aridez extrema. Nel atópase o clima máis árido do mundo, especialmente no deserto de Atacama.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bolívar Manaut, Luna (27 de novembro de 2006). "A sobra de sol, buena es el agua". www.dw-world.de. Consultado o 18 de outubro de 2016.