Dendrobranquiados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dendrobranquiados
Dendrobranchiata

Rango fósil: devónico tardío - actualidade
Penaeus monodon
Penaeus monodon
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Dendrobranchiata
Bate, 1888
Superfamilias
Sinonimia
Penaeidea Dana, 1852
Gamba branca (Parapenaues longirostris).
Litopenaeus setiferus, unha gamba norteamericana.

A dos dendrobranquiados (Dendrobranchiata) é unha suborde de crustáceos decápodos coñecidos como gambas, e como lagostinos os de maior tamaño, dos que están descritas 540 especies reunidas en sete familias, e cun rexistro fósil que se estende até o período devónico.

Diferéncianse doutros animais relacionados, tales como os Caridea (os camaróns) e os Stenopodidea (os chamados camarões limpadores en portugués), pola forma en que se ramifican as branquias (ao que deben o seu nome)[1] e polo feito de que as femias non incuban os ovos, senón que os liberan directamente na auga.

Teñen o terceiro par de pereiópodos quelado, coa excepción dalgunhas especies que o presentan reducido, e a pleura do segundo somito do abdome non se sobrepón á do primeiro.

Saen do ovo con forma nauplius e pasan no seu desenvolvemento polas fases larvarias de protozoea, zoea e postlarva.[2].

De pequeno tamaño, poden alcanzar unha lonxitude de até 330 mm, e unha masa de até 450 g, e son amplamente pescados e criados para o consumo humano.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Superfamilia Penaeoidea Rafinesque-Schmaltz, 1815

Superfamilia Sergestoidea Dana, 1852

  • Familia Luciferidae De Haan, 1849 con 7 especies do
  • Familia Sergestidae Dana, 1852 con 90 especies vivas en 6 xéneros, e dous xéneros monotípicos extintos.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Do grego βράγχια, brágchia, plural de βράγχιον brágchion, "branquia", a través do latín científico branchia, e δένδρον déndron, "árbore".)
  2. Farzana Yousuf (2006): "Diagnostic characters of the suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", da tese "Systematic Study and Distribution of Planktonic Shrimps of the Family Sergestidate in the Indian Ocean Collected by the International Indian Ocean Expedition", PDF. Higher Education Commission of Pakistan. (en inglés) Consultada o 2/01/2013.
  3. Rodney Feldmann & Carrie Schweitzer (2010). Journal of Crustacean Biology 30 (4): 629–635. DOI:10.1651/09-3268.1.
  4. 4,0 4,1 Tavares & Martin, 2010, p. 151
  5. 5,0 5,1 Tavares & Martin, 2010, p. 152
  6. Tavares & Martin, 2010, pp. 152–153
  7. Tavares & Martin, 2010, p. 153
  8. Tavares & Martin, 2010, p. 154
  9. 9,0 9,1 Tavares & Martin, 2010, p. 155
  10. Tavares & Martin, 2010, p. 156

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dendrobranquiados
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dendrobranquiados

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]