Demografía de Islandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evolución da poboación de Islandia

A maioría dos islandeses descenden de poboadores noruegueses e celtas orixinarios de Irlanda, sendo a poboación notablemente homoxénea. De acordo con estatísticas do goberno islandés o 99% da poboación vive en áreas urbanas (ou sexa, en localidades con poboacións maiores de 200 persoas), das cales o 60% vive en Reiquiavik e os seus arredores.

Das linguas nórdicas, o islandés é a máis próxima ao noruegués antigo, e ten permanecido practicamente inmutable dende o século XII. Por causa de seu pequeno tamaño e relativa homoxeneidade, Islandia ten tódalas características dunha sociedade bastante pechada.

Preto do 91% da poboación pertenza á igrexa oficial, a Igrexa Evanxélica Luterana, ou a outras igrexas luteranas. Con todo hai unha completa liberdade relixiosa, e outras congregacións protestantes e o catolicismo tamén están presentes. Unha notable congregación relixiosa, e a que máis rapidamente creceu en 2003, foi a Ásatrúarfélagið, ou Comunidade Ásatrú, que revive a relixión pre-cristiá de Islandia.

Datos demográficos[editar | editar a fonte]

0-14 anos: 21,7% (homes 33.021; mulleres 32.021)
15-64 anos: 66,5% (homes 100.944; mulleres 98.239)
65 anos e máis: 11,7% (homes 15.876; mulleres 19.287) (2006)
  • Idade media:
Total da poboación: 34,2 anos.
Homes: 33,8 anos.
Mulleres: 34,7 anos. (2006)
  • Taxa de crecemento da poboación: 0,87% (2006)
  • Taxa de nacemento: 13,64 nacementos/1.000 habitantes (2006)
  • Taxa de mortaldade: 6,72 mortes/1.000 (2006)
  • Taxa de migración neta: 1,74% migrante(s)/1.000 habitantes (2006)
  • Sexo:
Nados: 1,04 home(s)/muller
Menores de 15 anos: 1,03 home(s)/muller
15-64 anos: 1,03 home(s)/muller
65 anos e máis: 0,82 home(s)/muller
Total da poboación: 1 home(s)/muller (2006)
  • Taxa de mortaldade infantil: 3,29 mortes/1.000 nacementos
Mulleres: 3,14 mortes/1.000 nacementos.
Homes: 3,43 mortes/1.000 nacementos.
  • Esperanza de vida ao nacer:
Total da poboación: 80,31 anos
Mulleres: 82,48 anos
Homes: 78,23 anos (2006)
  • Taxa de fertilidade: 1,92 nenos nados / muller (2006)
  • Taxa de VIH/SIDA en adultos: 0,2% (2001)
Xente vivindo con VIH/SIDA: 220 (2001)
Mortes por causa do VIH/SIDA: menos de 100 (2003)
  • Nacionalidade: islandés
  • Grupos étnicos:
Islandeses, unha mestura homoxénea de descendentes de noruegueses e celtas 94%
Poboación de orixe estranxeira: 6%.
  • Relixión:
protestante luterano 85,5%
Outros protestantes 5,1%
católico romano 2%, outros 7,4% (2004)
  • Linguas:
Islandés (oficial)
Inglés
Linguas nórdicas
O alemán é amplamente falado.
  • Alfabetismo:
Definición: a partir dos 15 anos que poden ler e escribir.
Total da poboación: 99,9% (2003)
Homes: (99%)
Mulleres: (99%)