Defenestracións de Praga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado que representa a defenestración de Praga de 1618.

Coñécense como defenestracións de Praga tres incidentes acontecidos na historia de Bohemia e un máis na historia de Checoslovaquia.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro sucedeu en 1419 e o segundo en 1618, (este segundo é xeralmente coñecido como a Defenestración de Praga). Ambos os dous contribuíron a desencadear conflitos bélicos prolongados que afectaron á propia Bohemia e a países da súa contorna. (Unha defenestración é o acto de tirar a alguén pola fiestra)

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • A primeira defenestración de Praga deu lugar á morte de sete membros do consello dunha cidade hostil por unha turba de checos husitas radicais, o 30 de xullo de 1419. As prolongadas Guerras Husitas sobreviron pouco despois, durando ata 1436.
  • Unha terceira defenestración sucedeu o 10 de marzo de 1948 cando o Ministro de Asuntos exteriores checoslovaco, Jan Masaryk, o único ministro non-socialista que quedaba no país, foi achado morto baixo a fiestra do cuarto de baño do Ministerio de Asuntos Exteriores, o que deu lugar ao establecemento dun goberno claramente dominado polos comunistas. Ata a data de hoxe aínda continúa a especulación sobre a causa da súa morte, pero non existe ningunha evidencia que poida incriminar ou exculpar ao réxime.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]