Deep Impact (sonda espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Impacto de Deep Impact co Tempel 1

O Deep Impact é unha sonda espacial da NASA deseñada para estudar a composición do interior do cometa Tempel 1. Ás 5:52 UTC do 4 de xullo de 2005 unha sección da sonda fixo impacto con éxito co cometa, provocándolle un cráter de entre 50 e 100 m de diámetro, e a dispersión de materiais do seu subsolo.