David Soto
Soto | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David Soto Sánchez | ||
Nacemento | 16 de outubro de 1993 | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Compostela | ||
Número | 6 | ||
Carreira xuvenil | |||
Pabellón | |||
2005–2012 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2015 | Celta de Vigo B | 88 | (0) |
2011 | Celta de Vigo | 1 | (0) |
2015–2016 | Almeria B | 12 | (0) |
2016–2017 | Boiro | 17 | (0) |
2017–2018 | Cerceda | 37 | (0) |
2018–2019 | Lorca FC | 27 | (0) |
2019–2021 | Compostela | 50 | (3) |
2021–2023 | Pontevedra | 66 | (1) |
2023– | Compostela | 12 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
David Soto Sánchez, nado en Ourense o 16 de outubro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa. Dende 2023 milita no Compostela, da Segunda División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar ao fútbol no Pabellón da súa cidade natal e con 11 anos entrou na canteira do Celta de Vigo.[1] Pasou polas distintas categorías inferiores e na última xornada da tempada 2009/10 debutou co Celta de Vigo B na Segunda División B, nun partido ante a Cultural Leonesa no que entrou nos minutos finais como substituto de Kevin Vázquez.[2] Na seguinte campaña debutou co primeiro equipo na Segunda División, no partido disputado o 5 de xuño de 2011 contra o FC Cartagena, correspondente á última xornada de liga.
Foi o seu único partido co primeiro equipo, pois pasou os seguintes catro anos no filial celeste, co que viviu un descenso a Terceira e un ascenso de novo a Segunda B. En 2015 fichou polo Almería B, co que disputou só 12 partidos.[3] Co descenso do equipo andaluz á Terceira División marchou para o Boiro,[4] e tras ser descendido este club administrativamente,[5] fichou polo Cerceda, co que sumaría un terceiro descenso consecutivo.[6] En 2018 incorporouse ao Lorca, en Terceira División,[7] e na tempada seguinte fichou polo Compostela,[8] equipo co que logrou ao final da tempada o ascenso á Segunda B.[9]
Despois dunha segunda tempada en Santiago, en 2021 asinou co Pontevedra. Titular en case todos os encontros do ano, proclamouse campión da Segunda División RFEF, logrando así ascender á Primeira RFEF. Na seguinte campaña foi o segundo xogador do equipo con máis minutos, só por detrás de Miguel Román, pero non puido evitar o equipo do club de novo á Segunda RFEF.
En xuño de 2023 deixou Pontevedra e regresou ao Compostela.[10]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Pontevedra
- Segunda División RFEF (1): 2021/22.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "David Soto, objetivo del Ourense CF". La Región (en castelán). 1 de setembro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2022.
- ↑ "2ªB 5 Cultural Leonesa--CELTA B 2" (en castelán). 9 de maio de 2010. Consultado o 16 de maio de 2022.
- ↑ "El Almería B ficha al central David Soto, procedente del Celta de Vigo" (en castelán). 5 de agosto de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ Sevilla, Álvaro (13 de xullo de 2016). "El Boiro cierra el fichaje del central David Soto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "La Federación da por descendido al Boiro" (en castelán). 6 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ Rodríguez, Melissa (22 de abril de 2018). "El Cerceda, pese a estar ya descendido, no va a regalar ni un punto al Coruxo" (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "El ex céltico David Soto ficha por el Lorca" (en castelán). 9 de xuño de 2018. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "David Soto, un central completo para el camino a Segunda B" (en castelán). 14 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ Calvo, Naso (26 de xullo de 2020). "El Compostela ya está en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ "O Compos reforza a súa defensa co regreso de David Soto". 29 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024.