Daniello Bartoli
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Daniello Bartoli (1608 - 1685) foi un sacerdote xesuíta italiano. Naceu en Ferrara e en 1623 entrou na Sociedade de Xesús en Roma, logo de se ordenar exerceu en Ferrara ata que en 1650 os seus superiores chamárono a Roma. Escribiu L'uomo di lettere difeso ed emendato (1645), contra dos perigos da lectura de novelas, e unha historia da súa orde en 6 volumes, Storia della Compagnia di Gesú (1650-1673), que é especialmente valiosa para coñecer o traballo dos xesuítas na India e Xapón, en especial de Ignacio de Loyola, Francisco Xavier e Francisco Borgia. Morreu en Roma.