Daniel O’Connell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel O'Connell en 1836 nun retrato de Bernard Mulrenin.

Dónal Ó Conaill (en irlandés) ou Daniel O'Connell (en inglés), nado en Cahersiveen (Irlanda) o 6 de agosto de 1775 e finado en Xénova (Reino de Sardeña) o 15 de maio de 1847, tamén coñecido como The Liberator[1] ou The Emancipator[2], foi un líder político irlandés e a figura máis importante da Irlanda da primeira metade do século XIX. Defendeu a Emancipación católica—o dereito dos Católicos a sentar no Parlamento de Westminster, denegado durante aproximadamente 100 anos—e rexeitou a Lei de unión que uniu a Irlanda e Gran Bretaña. Foi moi crítico coas ideas que implicaban unha insurreción violenta en Irlanda, e chegou a dicir que a liberdade da Illa non valía o derramamento dunha soa gota de sangue. Sempre empregou métodos populistas e parlamentarios para conseguir o troco. En 1840 fundou a Repeal Association.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] O'Connell at Irish-Society.
  2. A Short History of Ireland