DODGE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DODGE
Dodge satellite.jpg
DODGE
Tipo Experimental / observación terrestre.
Organización NASA/Departamento de Defensa dos Estados Unidos
Contratistas principais Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins
Destino actual Retirado.
Satélite de Terra
Data de lanzamento 1 de xullo de 1967[1][2][3]
Foguete portador Titan III-C[2][4][3]
Sitio de lanzamento Cabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misión Uso do gradente gravitatorio para o control de actitude e observación terrestre.[2]
NSSDC ID 1967-066F
Masa 102 kg[2][5]
Dimensións Octógono de 2,41 m de longo e 1,22 m de diámetro, cunha pirámide truncada nun dos extremos e un mastro cilíndrico de 25,4 cm de diámetro saíndo do outro extremo unha lonxitude de 1,57 m.[2]
Semieixo maior 39.841,6 km[1]
Inclinación 8,2 graos[1]
Apoapse 33.662,5 km[1]
Periapse 33.278,8 km[1]

DODGE (acrónimo de Department of Defense Gravity Experiment) é un satélite artificial colaboración da NASA e o Departamento de Defensa dos Estados Unidos lanzado o 1 de xullo de 1967 mediante un foguete Titan III-C desde Cabo Cañaveral.[2]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de DODGE consistiu en probar novas técnicas de estabilización de satélites mediante gradente gravitatorio en órbitas próximas á xeoestacionaria. A maiores, levou a cabo medicións do campo magnético terrestre e fotografiou a Terra en branco e negro e en color.[2]

A forma do satélite era octogonal, con 2,41 m de longo e 1,22 m de diámetro, cunha pirámide truncada nun dos extremos e un mastro cilíndrico de 25,4 cm de diámetro saíndo do outro extremo unha lonxitude de 1,57 m.[2]

A bordo do satélite había dez protuberencias con mastros retráctiles que podían alongarse ou recollerse nos tres eixos a unha distancia de ata 45,75 m. O extremo cilíndrico albergaba un mastro que podía alongarse ata 4,6 m, dous mastros de ata 15,25 m que se extendían no plano x-y e un magnetómetro triaxial. Os restantes sete mastros iban dentro do corpo principal do satélite xunto co sistema de televisión encargado de tomar fotos.[2]

O satélite funcionou durante tres anos e tomou miles de imaxes da Terra. A principios de 1971 problemas coas baterías limitaron o funcionamento aos periodos nos que o satélite estaba iluminado polo Sol. Pouco despois foi apagado e deixado fora de servizo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "DODGE 1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=2867. Consultado o 13 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "DODGE" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1967-066F. Consultado o 13 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 16 November 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (67-27617): 2. 22 de novembro de 1967. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=945. 
  4. "DODGE" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/dodge.htm. Consultado o 13 de xaneiro de 2012. 
  5. "DODGE" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dodge.htm. Consultado o 13 de xaneiro de 2012.