Dólar de prata conmemorativo da Guerra de Corea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar de prata conmemorativo da Guerra de Corea
A/: Soldado subindo un outeiro, con buques e avións de fonfo. Marca de gravador (JM)

Lendas: THIRTY EIGHTH ANNIVERSARY COMMEMORATIVE / KOREA / 1953-1991 / IN GOD WE TRUST / LIBERTY

R/: Mapa de Corea e cabeza de aguia á súa dereita. Marcas de ceca e de gravador (TJF).

Lenda: ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM / UNITED STATES OF AMERICA

O dólar de prata conmemorativo da Guerra de Corea é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1991 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de Denver.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 101-495, do 31 de outubro de 1990,[1] pola que se creaba unha moeda conmemorativa do 38º aniversario do final da Guerra de Corea e na honra dos que loitaron nela.[2]

Deseño[editar | editar a fonte]

O anverso desta moeda, obra do gravador da US Mint John Mercanti, reprodúcese a escena dun soldado subindo un outeiro, con buques militares en primeiro plano e dous cazas F-86 sobrevoando e oito estrelas. As lendas son alusivas ao 38º aniversario do final da Guerra de Corea.[2][3]

Pola súa banda, no reverso, deseñado e gravado por James Ferrell, reprodúcese un mapa de Corea coa división no paralelo 38 e o símbolo coreano Taegeuk, equivalente ao símbolo chinés Taijitu, que representa a unidade dos opostos (yin e yang). Á dereita do mapa aparece unha cabeza de aguia.[2][3]

Produción e comercialización[editar | editar a fonte]

A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina dun millónde exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Denver na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Filadelfia cun ababamento especial (proof), e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 6 de maio de 1991.[2][3][4]

A súa produción foi de 213.049 moedas na súa condición estándar e 618.488 en versión proof, o que fai un total de 891.537 exemplares, co que non se logrou vender tora a tiraxe autorizada.[5]

A moeda comercializouse aos prezos de 26 dólares en condición estándar e 31 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Fondo Conmemorativo dos Veteranos da Guerra de Corea, co fin de ser utilizado na erección e no mantemento dun monumento aos vetreranos.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]