Cybertron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No mundo de ficción dos Transformers, Cybertron é o planeta que constitúe o seu fogar. Nas series xaponesas é chamado Seibertron.

Comparativamente sería do tamaño de Saturno, aínda que en Transformers:The Movie Cybertron semella do tamaño da nosa Lúa.

O planeta consta de dúas lúas, as cales tamén teñen composición metálica. Nalgúns episodios dos cómics xaponeses, algúns transformers intérnanse por covas ata chegaren a zonas rochosas. Durante a guerra civil, as lúas quedaron como únicos refuxios dos Autobots (agás os que se perderon no Arca e chegaron á Terra).

Orixe[editar | editar a fonte]

No principio dos tempos, no transcurso da loita primixénea entre Primus e Unicron. Chegan a saltar á nosa realidade e ó estaren moi igualados, Primus usa toda a súa enerxía para atraparse con Unicron en pequenos asteroides. Os dous deuses, ó seren consciencias vivas, desenvólvense neses asteroides que fican afastados todo o Universo un doutro. Unicron tórnase nun planeta máquina, un comedor de mundos. Ten a capacidade de transformarse nun ser antropomórfico de tamaño planetario.

Mentres que Primus converte o seu asteroide nun planeta mecánico vivo, pero no que non ten control. Do chan do planeta, Primus crea os Transformers, quen teñen a obriga de defenderen Cybertron do definitivo ataque de Unicron.

Segunda orixe[editar | editar a fonte]

Nos cómics americanos da Marvel, tras o combate de todos os Transformers unidos contra Unicron. Cybertron comeza un proceso autodestrutivo con tormentas eléctricas e a vida faise imposible no planeta. Os Decepticons rompen a alianza de post-guerra cos Autobots e foxen. Nunha hábil estrataxema, os dinobots conseguen naves para perseguiren os Decepticons. Logo de loitar e de revelarse o Derradeiro Autobot. Volven a Cybertron que non se estaba a autodestruír, senón que pasaba un proceso de metamorfose e autocuración.