Arca (nave)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na serie de cómics Transformers Universe Arca é unha nave espacial construída polos autobots para limpar de asteroides o Sistema Solar. Namentres no espazo exterior, foi atacada polos Decepticons. Optimus Prime, á sazón líder Autobot, estrelou a nave en Portland, Oregon, na nosa Terra.

Marvel, primeira xeración (a partir de 1984)[editar | editar a fonte]

Durante catro millóns de anos, estivo aló escourada e a súa computadora, activada pola actividade sísmica, comeza a reparar a tódolos transformers desactivados. Ó haber un número maior de Autobots que de Decepticons, o líder Decepticon, Megatron decide fuxir e porse a salvo.

Megatron decide ataca-la Arca, pero o seu combustible estaba envelenado, o único Decepticon limpo era Shockwave, quen acaba tendo control sobre a nave. Ratchet, o autobot médico, atopa a Megatron e chega a un pacto con el para acabar con Shockwave, así que xuntos reviven ós dinobots. Ratchet aproveita un despiste de Megatron para revivir ó resto dos autobots desactivados.

Unha vez feito co poder, Grimlock decide deixa-la terra e a Arca convértese no cuartel xeral das súas tropas (mestura de autobots e decepticons). Tras a batalla da lúa, a Arca servirá de base conxunta autobot-decepticon na procura de Starscream trala caída da Subbase.

Trala batalla contra Unicron, a Arca é seriamente danada e tamén roubada por Shockwave e Starscream, quen comezan a repara-la en secreto en Cybertron. En rumbo á Terra, Ratchet (unido mentalmente a Megatron) e Galvatron despertan na nave. Starscream nun enfrontamento contra Ratchet-Megatron, dispara sen querer contra unha consola de mandos, e a Arca choca contra a Terra, no norte de Canadá.

Megatron, mata a todos e enfróntase ó exército canadense. Logo toma contacto con Cobra (organización terrorista antagonista dos G.I. Joe), ofrece darlles a tecnoloxía da Arca a cambio dun novo corpo. Pero chega o único autobot cuxo compoñente headmaster é humano: Fortress Maximus. Ante a maior capacidade de combate de Megatron, Fortress Maximus decide lanzarse contra as toberas da Arca. A explosión semella que non acaba con Megatron, pero destrúe a Arca completamente (isto último non aparece na colección Marvel USA, senón nun spin-off G.I. Joe -Transformers).

Marvel, segunda xeración[editar | editar a fonte]

Relátase un novo final para a Arca, no que Spike Witwicky (compoñente headmaster de Fortress Maximus) cólase na nave e resucita alí ó autobot, que estaba en animación suspendida. Maximus, pelexa contra Megatron e finalmente fai estoura-la cámara de conversión de antimateria. Megatron logra fuxir.

Dreamwave comics[editar | editar a fonte]

A Arca 2 reconstrúese sobre as bases da primeira Arca, e emprégase para volver a Cybertron xunto cunha legación de embaixadores humanos (Os sete magníficos), pero as manipulacións previas de Shockwave fan estoupa-la nave. Todos morren.