Cyanocorax beecheii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cyanocorax beecheii

Exemplar devorando un roedor
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. beecheii
Nome binomial
Cyanocorax beecheii
(Vigors, 1829)
Área de distribución de Cyanocorax beecheii
Área de distribución de Cyanocorax beecheii

Área de distribución de Cyanocorax beecheii
Cyanocorax beecheii no zoo Henry Doorly de Omaha, Nebraska

Cyanocorax beecheii é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax, endémica de México.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1829 polo zoólogo e político irlandés Nicholas Aylward Vigors, no seu traballo

Vigors, N. A. (1829): The Zoological Journal 4: p. 353.

baixo o nome de Pica beecheii.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmnte valido, coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Cissilopha beecheii.[2]
  • Cissilopha beecheii subsp. beecheii Stotz et al., 1996.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Cyanocorax beecheii é unha ave de cor mourada e negra, cun bico poderoso, e unha cola longa. A súa lonxitude varía entre os 35 e os 41 cm, e os machos adoitan seren máis grandes que as femias. A cabeza, o colo, o dorso e as partes inferiores son de cor negra, e ten unha pequena crista de plumas eréctiles na fronte. As partes inferiores das ás e da cola tamén son mouras, mentres que o resto da plumaxe é de cor azul violácea. O bico é negro e os iris e as patas, amarelos.[4]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Asúa área de distribución son as terras baixas do oeste de México (de Sonora e Chihuahua a Nayarit).

Esta pega forma pequenos grupos sociais formados por unha parella adulta e até tres crías do ano anterior. Desprázanse polo bosque utilizando diferentes estratexias para apañar os invertebrados e pequenos vertebrados dos que se alimentan. Algúns insectos son capturados no aire, outros tíranos das follas, e as larvas obtéñense esculcamdo as cascas, e outras presas procúranas a través do lixo vexetal. Estas aves son omnívoras e ás veces abandonan o bosque para visitar e alimentarse en hortas, campos de cereais, vertedoiros e nas beiras das estradas.[4]

Estas aves son territoriais, establecendo grupos en territorios de 25 a 43 hectáreas, e defendéndoos das agrupacións veciñas. Tamén expulsan aos depredadores. Os paxaros emparéllanse de por vida, con comportamentos de unión de parellas que inclúen varias exhibicións vocais, así como o acicalamento mutuo e o paso da comida dun compañeiro a outro. Aínda que o grupo pode conter máis dunha parella, só a parella dominante aniñará normalmente nun ano. A femia é axudada na construción do niño por outros membros do grupo. Este é unha plataforma desordenada de pólas, e nel fan unha posta duns cinco ovos a principios de maio. A femia incuba os ovos uns dezanove días, sendo alimentada polo macho e ás veces por outros membros do grupo. Os pitos acabados de eclosionar son alimentados por ambos os pais e por outros membros do grupo durante uns 24 días. Os machos xuvenís permanecen no grupo durante un ano máis ou menos antes de dispersarse, mentres que as femias poden permaneceren indefinidamente no grupo.[5]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais , a pesar de que a poboación de Cyanocorax beecheii diminúe de forma constante, faino a un ritmo o suficientemente lento como para non comprometer o estado de conservación da especie. Considérase que o limiar crítico é cando hai menos de 10 000 individuos maduros cunua taxa de diminución superior ao 10 % en 10 anos ou tres xeracións. Por iso, na súa lista vermella figura catalogada como LC (pouco preocupante)[1]

O seu hábitat supera os 20 000 km² e non presenta unha gran fragmentación nin a súa extensión disminúe de forma significativa. A súa poboación estímase en menos de 50 000 individuos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2020): Cyanocorax beecheii na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 23 de febreiro de 2022.
  2. Cyanocorax beecheii (Vigors, 1829) no BioLib.
  3. Cyanocorax beecheii (Vigors, 1829) no GBIF.
  4. 4,0 4,1 Madge, Steve (2010): Crows and Jays. Londres: Reino Unido. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-3169-5, pp. 82–83.
  5. Power, Lindsey & Ghalambor, Cameron (2014): "Cyanocorax beecheii: Life history". Neotropical Birds Online. Cornell Lab of Ornithology.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]