Iris (anatomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O iris.

O iris, en anatomía, é a membrana coloreada e circular do ollo que separa a cámara anterior da cámara posterior.

Características[editar | editar a fonte]

Posúe unha apertura central de tamaño variábel que comunica as dúas cámaras: a pupila. Corresponde á porcion mais anterior da túnica vascular, a cal forma un diafragma contractil diante do cristalino. O iris é a zona coloreada do ollo, xa sexa azul, verde, marrón out doutra cor calquera. No seu centro atópase a pupila ou meniña do ollo, de cor negra; a zona branca que se encontra arredor denomínase esclerótica.

Está situado trala córnea, entre a cámara anterior e o cristalino, ao que cubre en maior ou menor medida segundo a súa dilatación.

Función[editar | editar a fonte]

O iris está constantemente activo, permitindo á pupila dilatarse (midriase) ou contraerse (miose), segundo a intensidade da fonte luminosa, co fin de regular a cantidade de luz que chega á retina.

As fibras musculares do iris agrúpanse formando dous músculos: o dilatador de la pupila e o esfínter do iris, que a contrae.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]