Cree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cree
[[Ficheiro:
CreeCamp1871.jpg
|200px]]
Campamento cree Vermilion, Alberta, setembro de 1871.
Foto: Charles Horetzky, Biblioteca e Arquivos de Canadá: C-005181.
Poboación
Poboación total:
200.000
Rexións principais:
Aspectos culturais
Relixión Animismo
Grupos
relacionados
Oji-Cree, Ojibwa e Innu.
Indio cree, Old Nemaska 2006 (Foto:André Perron).

Os cree forman un grupo nativo norteamericano de máis de 200.000 individuos, o que o converte nun dos maiores grupos do Canadá. Viven en Quebec, Ontario, Manitoba, Saskatchewan e Alberta. A maioría dos cree eran indios dos bosques orientais, mentres que os que viven en Saskatchewan e o sur de Alberta, eran indios das pradeiras.

Rapaza cree (1928).

Historia[editar | editar a fonte]

A banda do Gran Oso, en Saskatchewan, foi a última banda dos indios das chairas en entrar nunha reserva e o único grupo en manter un conflito violento coas autoridades canadenses. Moitos dos actuais caudillos canadenses nativos, como Ovide Mercredi, xefe da Asemblea das Primeiras Nacións de Canadá, son cree.

No Quebec, tras unha longa loita contra os gobernos provinciais e federais, os cri que viven na área da baía de James aceptaron unha compensación financeira pola confiscación da parte da illa que quedou inundada polo magno proxecto hidroeléctrico do norte do Quebec. Utilizaron parte dos fondos para mercar unha compañía aérea, sendo os cri o único pobo indio que posúa liñas aéreas propias. En 1980 opuxéronse con éxito á construción da segunda fase do proxecto hidroeléctrico da baía de James.

Debido ao gran número de falantes da lingua cree, esta ten actualmente un certo uso. En cree publícanse revistas, libros e xornais e incluso utilízase en programas informáticos.

Mapa das tribos cree.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cree

Outros artigos[editar | editar a fonte]