Primeiras Nacións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiras Nacións
Odanak First Nation (Abenaki).gifOuje Bougounou Cree.jpg
Haida flag.pngFlag of Eel Ground First Nation.svg
Bandera innu.PNGTemagama Ojibwa.png
Kawawachikamach Band of the Naskapi Nation.jpgBandera Red Earth Cree.PNG
Bandera Nis'ga Nation.pngBandera Sechelt.png
Flag of the Iroquois Confederacy.svgMikmaq State Flag.svg
Bandeiras das Primeiras Nacións
Poboación total:
698.025[1]
Poboacións importantes en:
Por toda Canadá, case a metade nas provincias de Ontario e Columbia Británica[2]
Lingua:
Linguas aborixes de Canadá, inglés e francés
Relixión
Cristianismo, anglicanismo canadense e crenzas nativas
Grupos étnicos relacionados:
Nativos americanos

Primeiras nacións (en inglés: First Nations; en francés: Premières Nations) é un termo utilizado no Canadá para referirse ao conxunto dos pobos indíxenas localizados no territorio actualmente. Non todos os pobos se enmarcan nesta agrupación, como os inuits e os metis[3], e hai actualmente uns 600[4]. O corpo de representación estatal das Primeiras Nacións no Canadá é a Asemblea das Primeiras Nacións, existente dende 1982.

Os pobos que compoñen as Primeiras Nacións son denominados normalmente por pobos aborixes e autóctonos (termo máis empregado polos franco-canadenses), ou por pobos nativos canadenses, da expresión inglesa usual de Estados Unidos de Native Americans (Nativos Americanos). Oficialmente son coñecidos polo goberno de Canadá como "indios rexistrados".

Notas [editar]