Península de Iucatán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Península de Iucatán (castelán e nahuatl Yucatán) é unha grande península do continente americano que penetra no océano Atlántico na América Central, constituíndo o extremo sueste do territorio do actual México, a oeste da Cuba e a nordés da Guatemala. Foi palco de grandes civilizacións pre-colombinas como a dos maias e maila dos olmecas.