Costa do Maresme
A Costa do Maresme é o nome de carácter turístico asignado á costa barcelonesa que coincide co litoral da comarca do Maresme, desde Montgat ata o río Tordera, en Blanes.
A poucos quilómetros ao norte de Barcelona esténdese a estreita franxa costeira alargada entre a Cordilleira Litoral, que a protexe dos ventos do norte e o mar Mediterráneo. Identifícase con longas praias arenosas, atractivas poboacións mariñeiras e núcleos de gran tradición turística.
Grazas á suavidade do clima, a luminosidade mediterránea da paisaxe e a súa idónea situación xeográfica, é zona residencial e turística de primeira magnitude, acollendo nos últimos anos parte da súa nova poboación con orixe na cidade de Barcelona que trasladou a súa primeira residencia á veciña comarca do Maresme.
No Maresme, ademais da tradicional actividade agrícola, centrada sobre todo no cultivo da vide, a floricultura e a horta, destaca a industria téxtil e de tecidos de punto. A pesca concéntrase en Arenys de Mar, primeiro porto pesqueiro da Costa do Maresme, tamén ten outras instalacións portuarias de tipo deportivo como a de El Masnou ou a de Port Balís en San Andrés de Llavaneras.
Con poboacións pioneiras no desenvolvemento do turismo como Caldes d´Estrac, ou xa posteriormente Calella, Pineda de Mar ou Malgrat de Mar no Alt Maresme.