Coroa de Comerford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comerford Crown, ilustración do Dublin Penny Journal, Vol. 1, No. 9, 25 de agosto de 1832.

A Coroa de Comerford, Comerford Crown ou Ikerrin Crown era un sombreiro de ouro atopado en Irlanda en 1692 que era propiedade da familia Comerford.[1] [2]

Histora e descrición[editar | editar a fonte]

O obxecto de cinco onzas foi descuberto por cortadores de turba a uns tres metros de profundidade no outeiro Devil's Bit, ao noroeste de Templemore, condado de Tipperary

O sombreiro foi adquirido por Joseph Comerford, quen pouco despois marchou a Anglure, Francia. O abade MacGeoghegan mencionou o artefacto na súa Histoire d'Irlande en 1758:

"Esta curiosa parte da antigüidade foi vendida a Joseph Comerford e debe ser conservada no Castelo de Anglure, onde el comprara a propiedade".[3]

O sombreiro de ouro está hoxe perdido, e probabelmente foi fundido, Unha teoría di que se fundiu en Francia, onde a familia se exiliara, durante a Revolución francesa ou o reinado do Terror.

Casco de ouro de Leiro.

Obxectos similares[editar | editar a fonte]

Existen semellanzas de forma e patróns con polo menos tres obxectos atopados no norte da Península Ibérica que se interpretan como sombreiros, entre eles o casco de ouro de Leiro en Galiza e as cuncas de ouro de Axtroki no País Vasco.[4] Tamén se relacionan cos sombreiros de ouro (Goldhut) como o sombreiro de ouro de Schifferstadt.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comerford, Patrick (2009-07-15). "Comerford Family History: Comerford Profiles 9: Joseph Comerford (d. 1729), Marquis d’Anglure". Comerford Family History. Consultado o 2024-03-26. 
  2. "Ancient Irish Crown". www.libraryireland.com. Consultado o 2024-03-26. 
  3. MacGeoghegan, [James] 1802-1763 [from old catalog; O'Kelly, Patrick (1849). The history of Ireland, ancient and modern. Dublin, J. Duffy. 
  4. "The Comerford Crown, a Bronze Age gold 'hat' from Tipperary". irisharchaeology.ie; Irish Archaeology (en inglés). 2014-03-14. Consultado o 2024-03-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]