Conversa usuario:Vanessa Montes Pérez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Vanessa Montes Pérez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.
Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 30 de maio de 2015 ás 23:22 (UTC)[responder]

Curutos treboentos[editar a fonte]

Boas Vanessa, vin o teu artigo Curutos treboentos e teño que comentarche que ó mellor hai que revisar o título do artigo. Sabes se hai editada unha versión en galego e o seu título coincide con ese? Se é así deberías indicalo no artigo, se non é así entón o nome do artigo debe ser o título no idioma orixinal segundo a política de nomes de artigos da Galipedia (iso si, podes poñer no corpo do artigo a tradución en galego). Se tes calquera dúbida podes comentarma na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2015 ás 13:11 (UTC)[responder]

Elisardo, eu usei esa mesma referencia no artigo de Emily Brontë, e coido que o título é correcto; non hai aínda publicada unha edición completa en galego da obra, pero entendo que o feito de que se publicase un anaco e se lle dese título senta cátedra. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xuño de 2015 ás 14:27 (UTC)[responder]
Moi ben, pois como xa está a referencia no artigo entón xa está amañado, grazas ós dous polo traballo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2015 ás 14:51 (UTC)[responder]