Conversa usuario:Shotokan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Shotokan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Conversa 05:04, 26 maio 2008 (UTC)

Neutralidade[editar a fonte]

Ola, Shotokan, benvido á Galipedia. Estas son as túas primeiras colaboracións como usuario rexistrado na Galipedia, así que parabéns. Con todo, algunhas das túas edicións foron modificadas e corrixidas porque non se axustaban aos estándares da wikipedia. Os artigos de formacións políticas teñen que ser particularmente neutrais e apoiárense sempre en citas e referencias internas, posto que se debe evitar a toda costa que a Galipedia poida ser lida como un vehículo promocional. Non o é nin o debe parecer. Tamén che comento que non está ben considerado que un editor escriba artigos sobre as organizacións en que milita (ignoro se é o teu caso, dígoo como comentario xeral). Se tes calquera dúbida, ponte en contacto comigo. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 05:04, 26 maio 2008 (UTC)

Música electrónica[editar a fonte]

Ola, Shotokan. Vou por partes:

  1. Se queres que alguén che bote unha man, podes tentalo deixando unha consulta na sección de axuda da Taberna. Aí todo o mundo a verá. Tamén está ben que a deixes na páxina de calquera outro usuario, pero se esoutro usuario anda na verza ou non ten moito tempo, como vai ser o meu caso durante o mes de xuño, pode pasar tempo.
  2. Unha boa solución para esas cousas que propós é coller un modelo que che guste noutra wikipedia e traducilo: por exemplo, pt:Predefinição:Música eletrônica, que é o da wiki portuguesa. Os modelos na Galipedia van precedidos da palabra modelo, así que, por exemplo, poderían ser artigos coma este: Modelo:Música electrónica.
  3. Crear un modelo é algo un pouquiño máis complicado ca crear un artigo, así que é difícil que che saia superbén á primeira. Pero eu ou outros usuarios podemos botarche unha mau. Un saudiño --Xabier Cid Conversa 17:15, 8 xuño 2008 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Trance Energy 2005.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Trance Energy 2005.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:32, 8 xuño 2008 (UTC)

Bos días Shotokan. Xa tes creada a páxina de homónimos de Magnum para que poidas crea-la da axencia de fotografía, co nome de "Magnum Photos". Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 10:05, 14 xuño 2008 (UTC)

En primeiro lugar agradecerche a túa colaboración no proxecto. Despois dicirche que o sinto, pero que Imaxe:Trance Energy 2005.jpg segue sen ter os datos adecuados.

Intúo o que intentaches facer (subir de novo a imaxe para poñer novos datos), intúo que quixeches amañar o problema, pero o procedemento que seguiches é incorrecto. Explícoche por que é incorrecto e despois cómo solucionar o problema:

É incorrecto polo seguinte: Tódalas imaxes da Wikipedia teñen dúas páxinas, á propia da imaxe (http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/2/29/Trance_Energy_2005.jpg ) e a dos datos (http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Imaxe:Trance_Energy_2005.jpg&action=edit ). Cando sobes unha imaxe co mesmo nome ca outra existente, só substitúes a páxina da imaxe, non substitúes a páxina dos datos desa imaxe, é dicir, os novos datos que engades non se gardan, non constan en ningún sitio.

Para substituír os datos tes dúas opcións:

  • A máis traballosa: subir a imaxe con outro nome. (Se o fas así, eu borraría a que non ten tódolos datos precisos por duplicada)
  • A máis doada: Ir á imaxe (neste caso fai click aquí: Imaxe:Trance Energy 2005.jpg). Editala (Fai click na pestana que pon editar). Cambia os datos e garda os cambios.

Desculpa que non che indicase máis claramente o procedemento de variar os datos, non esperaba que pasases o traballo de volver subir a imaxe co mesmo nome.

Lémbroche que o dato que lle falta á imaxe é a orixe: Debes poñer se ti es o fotógrafo, se a obtiveches dunha páxina web ou doutro sitio.

Non abonda con que cambies a licenza {{PD}} por {{PD-propia}}, debes escribir nos datos: eu son o fotógrafo.

Grazas de novo pola túa colaboración. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:09, 16 xuño 2008 (UTC)

Agardo se me permita a licenza...[editar a fonte]

Un bo amigo coméntame que ven de ser creado un artigo no cal se conta a miña traxectoria política. Agardo se entenda que corrixa eivas existentes e, dado que nalgún momento participei activamente da Galipedia (o cal agardo poder facer a partir de xa outra vez) se me permita enlazar o perfil de Editor co do meu nome real...--Shotokan Galipedia 00:14, 09 febreiro 2010 (UTC)

Compañeiro, o proceder habitual aquí sobre o modo de empregar os topónimos está establecido cunha claridade dificilmente superable: séguese fidelísimamente o Nomenclátor oficial, que é un compendio de topónimos de poboacións e lugares habitados, ordenados por parroquias, municipios e provincias. Calquera variación sobre o topónimo "nomenclatorizado" non se ten en conta por inexistente, do mesmo xeito que non se contempla crear un artigo para Madrí ou outro para Bilbado, que son palabras que seguramente serán usadas por moitos, pero non son os nomes reais das cidades tal e como se recollen no Nomenclátor. Eu, persoalmente, estou de acordo contigo en que o nome máis axeitado para O Grove sería un Ogrobe que procedería dun Ogobre de raíz céltica, se non estou mal informado. Pero tamén teño localizados outros moitos topónimos polo estilo aos que haberá que buscar restituír á súa forma orixinal en instancias oficiais. Espero que a explicación che aclare a cuestión, se non fose así tesme a túa disposición. --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:33, 9 febreiro 2010 (UTC)