Conversa usuario:Oscarpc21

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia Oscarpc21: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición --Lmbuga Commons - Galipedia 06:32, 13 outubro 2006 (UTC)


  • Benvido á Galipedia Oscarpc21, grazas por colaborar connosco. Esta mensaxe é para aclarar que Wikipedia:Lista de modelos é para modelos de artigos. En Wikipedia:Mensaxes predefinidas temos algunha información sobre os modelos (templates) referidos a mantemento, nesa páxina ou ben nunha que non temos Wikipedia:Lista de mensaxes predefinidas deberían ir os templates. En canto á clasificación dos templates temos a categoría Marcadores. A categoría plantillas quedou sen borrar, non é unha palabra galega. Un dato máis, aínda que hai algún template que inclúe a información de uso mediante unha subpáxina en realidade non usamos ese sistema preferimos utilizar <noinclude></noinclude> e poñelo na propia páxina como fixeches en Template:Concellospequenos. Outra vez grazas por contribuir á mellora da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:40, 13 outubro 2006 (UTC)
En realidade temos varios nomes para os templates: modelos, mensaxes predefinidas (cando se trata de diferencialos dos modelos de artigos), marcadores (cando se fala de inserilos en páxinas), moldes (cando nos referimos a determinado uso do modelo),... Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:18, 13 outubro 2006 (UTC)
Se te fixas na pestana da esquerda deste exemplo de Template podes comprobar que o nome que usamos é Modelo. Mensaxes predefinidas úsase no título da páxina para diferenciar de modelos de artigos, marcadores na categoría para referirse á chamada ó modelo exemplo: {{Abadín}}. O concepto de moldes, tal e como o usamos ata agora, é máis complexo. É un tipo de modelo que admite a configuración de certos datos, iso significa que non designa ó conxunto dos modelos senón só a unha parte. Unha opción sería cambiar o nome da páxina Wikipedia:Lista de modelos por Wikipedia:Lista de modelos de artigos, ou difrenciar na mesma páxina entre modelos de artigos e modelos propiamente ditos. Creo que a posible oscuridade que sinalas pode evitarse enlazando correctamente desde as diversas páxinas que apunten cara ela. En todo caso se pensas que se debe cambiar podes propoñelo en Wikipedia:A Taberna (propostas) para que haxa máis opinións doutros colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:42, 13 outubro 2006 (UTC)
Semella unha boa solución crear a páxina Wikipedia:Lista de moldes, dese xeito pode diferenciarse entre os distintos tipos de modelos. Boa idea, grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:33, 13 outubro 2006 (UTC) Engadido: quizais poida servirnos de inspiración esta páxina en:Wikipedia:Template messages da Wikipedia en inglés para organizar todo o referido ós modelos. Eles teñen unha páxina índice e o resto dos modelos en subpáxinas (aquelas que inclúen unha barra inclinada no nome / , o software MediaWiki automaticamente crea unha relación entre a subpáxina e a principal). Outra vez grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:38, 13 outubro 2006 (UTC)

Sobre Wikipedistas[editar a fonte]

Un tema como a clasificación dos Wikipedistas (Wikipedia:Wikipedistas) require discusión na Taberna antes de poñelo en marcha. Procuramos evitar calquera elemento que supoña a clasificación dos colaboradores ou introducir algún signo que poida producir división entre os usuarios deste proxecto (o mesmo cabe dicir sobre todo aquilo que desvie o obxecto principal da enciclopedia). Por outra banda, seguimos un sistema de creación de categorías que require debate. Permítese a creación de categorías nas que sexa previsible que vaia haber acordo porque son fundamentais ou non ofrecen dúbidas. Hai casos nos que se crean categorías provisorias, pero nos casos onde é claro que ten que haber debate procedemos a borralas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:31, 13 outubro 2006 (UTC)

  • As boas, e benvido de paso o proxecto. Perante nada aclararche que desfixen unha template creada por ti no artigo de Vilariño Frío, Montederramo. Enriba se fala dunha template de concellospequenos, de feito (e é o meu ver) dita template está de máis, xa que para elo esta a caixa precreada de concello.info. O motivo disto estriva do segunte xeito, os concellos son só iso, concellos (non ai grandes e pequenos, agás que te estribes na poboación -dato variable- ou na superfície -dato máis común-). Polo que o concello está composto de parroquias (ou no seu defecto freigresías que abarcan territorios doutros concellos) e éstas, a súa vez, de aldeas (ou pobos e, tamén lugares). Xa no concello aparece o nome do alcalde, polo que cada certo tempo implica a modificación do mesmo segundo a demanda censal. Aceptando ista aclaración figurate o que presupón un alcalde de parroquia (non de concello pequeño) ou un alcalde-pedáneo dunha aldea. Espero que istas alcaracións che sirvan de axuda, polo demáis, tes a Taberna, para propoñer e decidir entre a comunidade en xeral. Un saúdo e boa estadía. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:58, 13 outubro 2006 (UTC)


  • Efectivamente noutras Wikipedias teñeno pero nós tratamos de evitar elementos como as caixas de usuario (salvo as do tipo Babel), calquera tipo de clasificación dos colaboradores, o uso de outros signos como as medallas (que proliferan nalgunha wikipedia) ou que as páxinas de usuario se parezan a blogs. A razón de seguir ese proceder é para que non se produzan os problemas que ocorriron noutras wikipedias asociados a algúns deses temas. Por outra banda conseguir que persoas de orixes, crenzas ou ideas distintas poidan colaborar máis alá das súas diferenzas en beneficio do proxecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:00, 13 outubro 2006 (UTC)

Wikipedia:Cambios Recentes e Wikipedia:Cambios Relacionados[editar a fonte]

Grazas polas túas contribucións e a túa colaboración. Observei que crearas as páxinas anteriores. Movinas a Help:Cambios recentes e Help:Cambios relacionados. Dous son os motivos: O uso de maiúscula incorrecto na segunda palabra segundo as regras do galego e que esas páxinas pertencen ó espazo de enomes Help. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:08, 14 outubro 2006 (UTC)


  • Fixen algúns arranxos nas categorías de mantemento para que seguiran o esquema de nomes que estamos usando. Para clasificalos modelos podes usar <includeonly></includeonly> e <noinclude></noinclude>. O primeiro sirve para indicar que a categoría que se poña só se inclúa na páxina de destino e o segundo para clasificar o modelo sen que apareza no artigo. Normalmente hai que poñelos xusto ó final do código do modelo (e a carón del) para que funcionen correctamente, por exemplo se se trata do final dunha táboa (|}) debería estar escrito así: |}<noinclude>Nome da categoría</noinclude>. Grazas por botar unha man na clasificación dos marcadores porque aínda queda moito por facer, sobre todo co tema de includeonly e noinclude, e tamén categorizando os que faltan. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:39, 14 outubro 2006 (UTC)

Tiven que borrar a páxina Help:Desambiguación porque a palabra desambiguación non existe en galego (ademais xa temos Wikipedia:Homónimos), por favor ten coidado en comprobar se unha páxina existe e cal é a palabra galega apropiada. Con respecto ó comentario de Lmbuga algunas páxinas deben ir no espazo de nomes Help (axuda) e outras en Wikipedia. Nalgunhas ocasións pode haber casos nos que haxa dúbidas. Neses casos podes preguntar ós administradores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:25, 14 outubro 2006 (UTC)

  • Vin a mensaxe que lle deixaches a Sobreira e segundo a última modificación da norma é grazas. Por certo cando teñas algunha dúbida pregunta ós colaboradores e case sempre haberá algún que poida resolvela. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:01, 15 outubro 2006 (UTC)
  • Hai que buscar graza ou gracia en singular. E cando che dea o resultado fíxate na cor na que está escrito, segundo o código da lenda. Loxicamente saen gracia e graza. Desfrútao, que é noviño. --Sobreira (parlez) 12:02, 15 outubro 2006 (UTC)

Redirect[editar a fonte]

Seguramente foi un despiste (eu téñoos máis graves ca este). Corrixín unha redirección feita por ti. Por se non fose despiste, indícocho. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:24, 16 outubro 2006 (UTC)

Ola, volvín a mover arao papagaio a arao loro, é unha forma tradicional galega de nomear a esa ave, non sei se ten que ver coa forma castelán do papagaio pero de certo é a forma que aparecen nas obras de Fernández de la Cigoña e nos dicionarios. Viches algunha vez arao papagaio? eu francamente non o creo.--Miñato 17:07, 16 outubro 2006 (UTC)

Pola discusión en arao loro a verdade é que a razón lévala ti pero que a RAG diga que loro non existe e que é papagaio non tería que levar necesariamente a que a RAG diga que arao loro non existe como forma correcta. A razón que dá Prevert si que me parece válida, xa que dicir que arao papagaio está avalada por unha organización de recoñecido prestixio como a Sociedade Galega de Ornitoloxía é unha razón contundente para cambiarlle o nome.--Miñato 17:39, 16 outubro 2006 (UTC)

  • Pola contra, coido que estas enganado, como podes pronunciar vogalmente Wikcionario, cando realmente é Wikicionario; e no termo galego definese como Galizionario. Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 17:43, 16 outubro 2006 (UTC)
  • Esta é unha copia da mensaxe que lle deixei a Miñato sobre o tema:
Non estou dicindo que se deba empregar un nome ou outro, só que na lista da Sociedade Galega de Ornitoloxía teñen recollido ese nome. A lista recolle termos en uso nalgún lugar de Galicia, como podes comprobar na miña lista en ocasións as fontes non coinciden e propoñen nomes distintos. Non creo que se deba mover por cuestións de tradución, si se acorda movela debe ser porque é un nome recoñecido por todos aqueles que se dedican a estudar a natureza en Galicia. Entendo que deben buscarse outras fontes que refrenden ou contradigan os nomes propostos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:47, 16 outubro 2006 (UTC)

Ola Oscarpc21, valioso traballo o que estás facendo incluindo os tags includeonly e noinclude nos modelos, tamén interesante o tema dos modelos de artigos. Esta mensaxe é para facer unha precisión, como non son artigos a categoría onde deben ir clasificados é Category:Modelo. Por outra banda, en canto teña un momento intentarei darlle publicidade para que os colaboradores que editan nalgún deses temas interveñan e opinen sobre que cousas deben incluir os modelos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:53, 26 outubro 2006 (UTC)

En canto o modelo sexa definitivo (unha vez que se publicite e os colaboradores opinen) hai un xeito sinxelo de crear os artigos en base a el, pódese incluir un formulario que chame a un template que inclúa o modelo. Dese xeito non é preciso copiar e pegar nada, a páxina así podería mostrar o modelo e as explicacións sobre o seu uso xunto co formulario de creación. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:16, 26 outubro 2006 (UTC)
Publiquei unha mensaxe na taberna para dar a coñecer os modelo, tamén o farei proximamente noutras páxinas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:03, 27 outubro 2006 (UTC)

Confundinme co bloqueo. Vin que actuaras outro usuario desfacendo os cambios feitos por esa Ip e dei por sentado que a actuación da Ip era vandálica, non reparei na primeira liña da táboa. Xa rectifiquei e desbloqueei o usuario. Ademais cambiei país por nación, o cal creo que soluciona o conflito. Grazas polo aviso.

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Oscarpc21. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)