Conversa usuario:Nimovich

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Nimovich!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 11:46, 22 maio 2009 (UTC)

Ola, Nimovich. O outro día creaches un artigo sobre a toxicidade do paracetamol. Creo que o copiaches dalgún outro sitio. Poderías indicar de onde? Se é así, cal é o tipo de licenza dese sitio de onde o copiaches? Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 12:30, 22 maio 2009 (UTC)

Ola, Nimovich. Moviches os avisos de © sen explicar cales son as túas fontes. Non debes facelo. Prégoche que indiques cales son as fontes de onde creaches o artigo. Moitas grazas. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 15:20, 22 maio 2009 (UTC)

Ola, Nimovich. Como non xustificaches ou explicaches a orixe do artigo que creaches, vou proceder a borralo. Se tes calquera dúbida, podes preguntarme a min ou a outro usuario. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:52, 27 maio 2009 (UTC)


As causas do borrado do artigo Toxicidade do paracetamol non son só a falta de referencias, con ser iso unha cuestión capital. Agora xa engadiches dúas referencias pero non abonda para mante-lo artigo. Bótalle un vistazo á páxina de conversa da túa compañeira -supoño- Alba Conversa usuario:Takhisis, na que expoño outros problemas de formato, estilo, etc, que tamén deben cumpri-los artigos da Galipedia. Como a explicación é longa non cha copio, pero lela, por favor. Se non continúas pulindo o artigo e dándolle o formato será borrado de novo. Bota tamén un vistazo ó noso Libro de estilo e tamén a calquera outro artigo da Galipedia e entenderás, iso espero, do que estou a falar. E insisto, como lle dixen a Alba, en que tendes que ter presente que o lector da Galipedia non está especializado en farmacoloxía, polo que a redacción e os términos utilizados deben ser intelixibles para un lector medio. Remato cunha observación: aquí, cada quen escribe artigos sobre o que lle apetece (dentro dunha orde, claro) pero desde o mesmo instante de dar a "gardar" deixa de ser seu artigo. Pregunta cantas dúbidas teñas e pide a axuda que creas necesitar, pero, por favor, segue traballando no artigo porque non está, nin de lonxe, rematado. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:36, 28 maio 2009 (UTC)