Conversa usuario:Miguinico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Miguinico. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Se queres podes ollar a nosa mensaxe de benvida que resume unha serie de ligazóns de axuda que poden ser útiles cando se comeza a colaborar. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Ademais tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:06, 2 outubro 2008 (UTC)


Benvido á Galipedia, Miguinico!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 13:00, 2 outubro 2008 (UTC).

Ola Miguinico. Esta mensaxe é para dicirche que xa existe unha páxina sobre A Haia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:36, 3 outubro 2008 (UTC)

Traducións[editar a fonte]

Ola Miguinico, grazas por colaborar. Vexo que estás a realizar moitas traducións da wikipedia española. Debes indicar no campo resumo que é unha tradución, para cumprir coa licenza. Ademais tes que incorporar os interwikis e as categorías ó artigo. Ah, e esta é unha wikipedia en galego, dígoo porque creaches un artigo totalmente en castelán. En Wikipedia:Axuda poderás obter a información que necesitas para colaborar. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 19:39, 3 outubro 2008 (UTC)

  • Engado ademais que facer traducións automáticas e non revisalas é unha mala idea para colaborar, xa que non contribúe a mellorar a calidade da enciclopedia. --Alberte (Si, dígame?) 19:47, 3 outubro 2008 (UTC)

Ola, Miguinico, que tal? Acabo de borrar unha imaxe que subiches á wikipedia (Imaxe:Warcraft-2-Tides-Of-Darkness-Pc.jpg). Grazas por colaborares. Pero na Galipedia, e en todos os proxectos wiki, non se poden publicar imaxes suxeitas a ©, como esa que ti subiches. A wikipedia é un proxecto libre, por iso non pode incorporar contidos que non o sexan. Se necesitas calquera axuda, non dubides en poñerte en contacto comigo. --Xabier Cid Conversa 11:04, 5 decembro 2008 (UTC)

Indochina[editar a fonte]

  • A maior parte dos cambios que fixeches non son correctos, se tes dificultades co galego pódesme preguntar a min ou a calquera dos que andamos por aquí. Un saúdo.--RNC 15:54, 15 decembro 2008 (UTC)

Tradución[editar a fonte]

Boas, por favor cando fagas unha tradución dende outra wiki acórdate de poñer no campo de resumo o artigo de orixe do que está traducido. No caso de Misa podes ver que na edición que fixen indiquei que é unha tradución dende es:Misa. Calquera dúbida aquí estamos. Saudos. --Banjo tell me 08:49, 27 febreiro 2009 (UTC)

Saúdos, e coidado![editar a fonte]

Errácheste creando unha categoría. Muda o nome Llibros --> Libros, e fai o cambio respectivo na súa categoría superior. Se tes problemas fala con Usuario:Banjo, que eu non vou estar esta mañá. Saúdos! --GallaecioE logo? 07:59, 11 marzo 2009 (UTC)

  • A categoría "Llibros" xa está borrada, non hai fallo :) --Banjo tell me 08:09, 11 marzo 2009 (UTC)

Problemas con Ficheiro:Radagast.jpg. A imaxe será borrada por copyvio[editar a fonte]

Ola Miguinico, grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con ela, a non ser que ti foses o totógrafo que tirou esa imaxe ou que no xogo de cartas indique que a imaxe está no dominio público mediante a presenza dunha licenza, a foto ten tódolos dereitos reservados.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.

A orixe[editar a fonte]

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza[editar a fonte]

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 800.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia, pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?[editar a fonte]

¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda la página

Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --Xan de ningures 15:20, 26 marzo 2009 (UTC)

Videoxogo para un xogador[editar a fonte]

Boas Miguinico, o artigo Videoxogo para un xogador, que fixeches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:52 (UTC)[responder]