Conversa usuario:Idealauto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Idealauto!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 11:39, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Empresa Ribadeo S.A.[editar a fonte]

Ola, Idealauto. Poderíasme aclarar que tipo de relación tes coa Empresa Ribadeo S.A.? O teu nome de usuario suxire que algunha hai, de modo que mentres non aclares este tema deberías absterte de editar este artigo e calquera outro que teña relación coa empresa Ideal Auto. Tes, iso si, toda a Galipedia para traballar, e traballo non falta por facer. Para calquera dúbida tesme na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:37, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Idealauto. Recibín o teu correo electrónico. Ten en conta que se te pos en contacto comigo a través do correo os demais usuarios non teñen acceso ás nosas conversas e non poden participar nelas. En adiante comunícate cos outros usuarios (e comigo) a través das súas páxinas de conversa. Sobre o que me contas, é interesante que o fagas constar aquí, por exemplo copiando na miña páxina de conversa o mail que me mandaches. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:13, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Idealauto. Eu non te xulguei polo teu alcume, só pedín unha certa explicación por pura prudencia, pois a experiencia dime que son frecuentes os casos nos que o propio interesado edita no seu artigo, ignorando aquilo do Punto de vista neutral. Pero agora que te explicaches (e agradézocho) vouche tirar partido: temos no Portal da comunidade unha listaxe de artigos solicitados, entre os cales está IASA, entre outros de empresas galegas como Castromil (autocares). Ninguén máis capacitado ca ti para facelos. Veste capaz de comezar algún destes artigos? Eu podería botarche unha man supervisándoo ou achegando o que poida. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:29, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)