Conversa usuario:Frebas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Frebas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2013 ás 22:16 (UTC)[responder]

Conservación e restauración[editar a fonte]

Boas, movín o artigo a Conservación e restauración. Cambiar o nome dos artigos pode facelo todo o mundo, se son incorrectos, só hai que premer na pestana "Mover". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 09:41 (UTC)[responder]

Grazas pola axuda, Elisardojm ;-) --Frebas (conversa) 16 de abril de 2013 ás 09:43 (UTC)[responder]

Conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Frebas, benvido á Galipedia.

Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo, bo traballo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2013 ás 16:46 (UTC)[responder]

Ok, vou engadir máis fontes. --Frebas (conversa) 16 de abril de 2013 ás 16:52 (UTC)[responder]

Ola Frebas. Sinceramente, penso que HombredHojalata ten razón. Non é só unha cuestión de engadir referencias. Trátase dunha cuestión de conflicto de intereses e, sobre todo, de interese enciclopédico. Parte desa información quizais podería ir na páxina Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, pero supoño que non toda. Ánimo e a mellorar. Apertas --AArizaga (conversa) 16 de abril de 2013 ás 18:42 (UTC)[responder]

Ok. Grazas polos comentarios. --Frebas (conversa) 16 de abril de 2013 ás 19:06 (UTC)[responder]

Dacordo entón. Pero lembra que se queres respostar a alguén debes facelo na súa páxina de conversa, non na túa! Apertas. --AArizaga (conversa) 16 de abril de 2013 ás 19:12 (UTC)[responder]

Páxina de conversa[editar a fonte]

Boas, restaurei o que borraches na túa páxina de conversa porque os contidos desta páxina teñen que manterse para que estean dispoñibles por motivos de referencia. Poden trasladarse a outra páxina cando o tamaño sexa excesivo, pero nunca borrarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 10:35 (UTC)[responder]

Iso tentamos :), e tamén estamos para resolver as dúbidas que teñades, se tes calquera pregunta sobre o proxecto podes deixarma na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 12:30 (UTC)[responder]

Imaxe do cartaz do Folión de Fachas[editar a fonte]

Boas, borrei a imaxe do cartaz do folión de Fachas porque ten dereitos de autoría e na Galipedia só se poden usar imaxes que permitan obras derivadas e uso comercial. Isto quere dicir que a maioría das imaxes que se atopan en Internet non se poden usar porque se non indican a licenza normalmente hai que asumir que teñen dereitos de autor. As imaxes que é máis doado usar na Galipedia son as que facemos nós mesmos xa que podemos poñer a licenza que nos interesa, así que se che cadra que ir polo Folión non te esquezas de levar a cámara! :) Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes, se tes calquera dúbida podes comentarma na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 18:09 (UTC)[responder]

O que pasa é que me queda un pouco a contramán, que si non... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 18:38 (UTC)[responder]