Conversa usuario:Fernandomendez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Fernandomendez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 14:46, 5 de decembro de 2010 (UTC)

Por favor podías aclarar se es Fernando Rodríguez Méndez--Cheluco 11:05, 4 de decembro de 2010 (UTC)

Si, son eu.[editar a fonte]

Pero para un procura mellor, perefiro que se visualice só Fernando Méndez en todas as referencias. Graciñas!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Fernandomendez (conversacontribucións)

Entón estás recoñecendo que es a IP que creou o artigo?--Cheluco 11:11, 4 de decembro de 2010 (UTC)

Si, correcto[editar a fonte]

Si, cheluco, correcto.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Fernandomendez (conversacontribucións)

Fernando, podes ampliar ou crear todos os artigos que queiras con algunha excepción, unha delas é escribir sobre un mesmo, podes ler sobre iso en Wikipedia:Conflito de intereses, non teñas dúbida en facer calquera pregunta--Cheluco 13:05, 5 de decembro de 2010 (UTC)
Grazas pola túa axuda cheluco. Subín tanto en galego como en español os meus datos biográficos baixo o o epígrafe. "Fernando Mendez".—o anterior comentario sen asinar foi feito por Fernandomendez (conversacontribucións) .
  • Fernando, non podes crear o teu propio artigo. Iso é o que che dicía aí atrás, Cheluco. En todo caso, de maneira excepcional e porque efectivamente un artigo sobre a túa persoa ten interese enciclopédico, e máis aínda contando con que nesta wiki galega poñemos especial atención no que ten que ver co país, vou proceder a borralo e refacelo eu mesmo. Por favor, non o edites ti, e se non estás de acordo ou queres mudar algunha frase, coméntao na páxina de conversa do artigo e xa outra persoa se encargará de facelo. Por outra banda, comentarche que é preciso que asines as túas mensaxes e que cando queiras dirixirte a outro usuario escribas na páxina de conversa deste e non na de teu. Outramente, non chega o aviso de nova mensaxe. Saúdos e benvido. --Atobar (conversa comigo) 17:56, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Concordo co que che di Atobar--Cheluco 17:58, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Fernando, xa está feito o artigo Fernando Rodríguez Méndez. Por favor, non lle toques. E se cres que algo está mal, daquela usa a páxina de conversa para notificalo. De calquera maneira, non te preocupes, porque o que che pasou a ti pásalle a moitos. Ninguén nace aprendido. Non es o primeiro nin serás o último que redacta o seu propio artigo. De feito, aínda non hai moito tempo abrollou un problema similar cun persoeiro que, coma ti, tamén tiña relevancia enciclopédica, e máis ou menos a actuación foi a mesma ca esta miña encargándome da redacción. A discusión daquel problema mantívose para vindeiras resolucións de conflitos, como é o caso. Saúdos outra vez. --Atobar (conversa comigo) 18:14, 6 de decembro de 2010 (UTC)