Usuario:Atobar/Conversa de borrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nesta páxina recóllese unha conversa que pode axudar a solucionar pola vía da cooperación o problema que xorde cando un persoeiro de marcado interese enciclopédico crea o seu propio artigo, mesmo dunha forma neutral, mais de forma contraria ás normas, que estipulan que o editor non pode crear artigos nos cales sexa parte interasada. Un exemplo: Nin Obama nin a súa administración podería crear o artigo do presidente estadounidense. Ben, pois aquí queda a conversa entre varios usuarios obviando o nome do persoeiro:


A Ip creadora do artigo pertence ao persoeiro do que se fala. Non obstante, houbo un lavado de cara posterior por parte dos usuarios Estevoaei e Xoacas. Coas normas na man, cómpre o borrado. --Atobar (conversa comigo) 13:35, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Tendo en conta o lavado ulterior do que falas ben pode permanecer. Quizáis se poida facer unha excepción mediante unha votación, non o sei, pero o artigo dá unha perfecta imaxe de neutralidade tal e como está.--Paradanta (Cóntame) 14:16, 12 de outubro de 2010 (UTC)
O persoeiro que dá nome ao artigo merece sobradamente un artigo na Galipedia. Salvo a mención de que estea "moi interesado" (que, sendo certo, non deixa de ser unha opinión) o resto do artigo é neutral e nada laudatorio. Pero creo que non se deben facer excepcións nunha norma tan básica coma esta xa que o precedente sería moi perigoso. Outro problema serio a ter en conta é a falta de referencias publicadas que confirmen a información contida no artigo (da que, en calquera caso, non teño dúbidas). En calquera caso, de borrarse o artigo, crearíao eu coa información que poida atopar publicada e referenciada. Pedro --Lameiro (conversa) 14:42, 12 de outubro de 2010 (UTC)
As normas din o que din, pero o artigo está para quedar. A alternativa de Lameiro paréceme boa, se el se presta a volver a crear o artigo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:44, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Eu estou tamén con Lameiro, porque efectivamente o persoeiro ten entidade abonda para estar na Galipedia, iso creo que non admite moita dúbida, pero cómpre respectar a norma malia o lavado de cara. Cando me digades (isto vai por Lameiro, que é o que vai crear o artigo de novo), borro o artigo para que volva ser creado. --Atobar (conversa comigo) 14:49, 12 de outubro de 2010 (UTC)
    • Eu de acordo, cun certo medo de meterme en camisa de once varas, pero será esta noite. Pedro --Lameiro (conversa) 14:54, 12 de outubro de 2010 (UTC)

O artigo foi borrado por incumprir as normas pero un usuario accedeu a encargarse da súa creación.