Conversa usuario:Divercarral
Benvido(a) á Galipedia, Divercarral!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2015 ás 09:12 (UTC)
dereitos de autoría[editar a fonte]
Ola, Divercarral! Eliminouse a foto que subiches do pazo de Cañás porque as fotos deben ser subidas pola persoa que a tomou, que é quen ten os dereitos de autoría sobre a mesma. Segundo a lexislación vixente, os dereitos de autoría duran ata 70 anos despois da morte da persoa. No caso concreto desa foto, habería que localizar á persoa que tomou a foto e que a subise el/a.
Síntoo, pero é moi importante cumprir estritamente estas normas para evitar posibles conflitos. En calquera caso, anímote a seguir colaborando no proxecto.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xaneiro de 2015 ás 23:03 (UTC)