Conversa usuario:Dalvasan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Dalvasan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.-- AlberteSi, digame? 19:37, 2 setembro 2007 (UTC)

Image:Parador dia.jpg[editar a fonte]

Ola, benvido. Vin que subiches unha imaxe para ilustrar o artigo do mosteiro. Para que unha imaxe sea válida debes indicar unha serie de datos contidos na caixa de datos que se amosa na páxina de Cargar un ficheiro:

Descrición

Pon a descrición

Orixe

Especifica a orixe

Data

Pon a data

Autor

Pon o autor

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

A licenza

Outras versións Outras versións


Nela debes poñer a orixe e licenza que lle das a imaxe, se é túa. Podes ver un exemplo na mesma imaxe da semana que aparece na portada: Image:Paseo peonil (Ourense).jpg. Deste xeito facilitamoslle o traballo de revisión aos administradores e a túa imaxe non corre o risco de ser borrada por falta de datos.

Un cordial saúdo e espero verte a miúdo por aquí. Podes ver máis artigos sobre mosteiros na Category:Mosteiros e conventos de Galicia nos que tratei de manter unha coerencia no ordeamento dos datos, xa me comentarás que che parece, que se debería quitar ou poñer ou renomear... Lansbricae (Ti dirás) 19:56, 2 setembro 2007 (UTC)


Ola de novo, sinto ser tan pesao pero polos datos que marcaches da fonte da imaxe a licenza desa imaxe segundo a páxina web é creative commons 2.5 no comercial polo que non é compatible coa Galipedia. Podes ver as licenzas que son válidas en: Wikipedia:Política de uso de imaxes. Sinto amolarte pero o tema das imaxes, os copyrights e as licenzas son importantes para que o contido da Galipedia sexa lexítimo. Lansbricae (Ti dirás) 20:12, 2 setembro 2007 (UTC)


Neso tes razón, antes outros o fixeron conmigo. O problema desta imaxe é que foi collida dunha páxina web. Esa páxina di que o contido ten unha licenza Creative Commons 2.5. que non permite o seu uso comercial. As imaxes válidas para a Galipedia deben permitilo. As licenzas só poden ser cambiadas polo autor polo que terias que poñerlle a mesma licenza que ten na páxina de orixe, pero esa licenza non é válida. Conclusión: A non ser que ti sexas o autor e modifiques a licenza, ou consigas que o autor a modifique non é válida para o proxecto.

Esto fai que o uso de imaxes collidas de páxinas web sexa moi dificultoso. Eu nos artigos de mosteiros teño usado unha boa fonte: Flickr Freecat Monasterios de Galicia do incansable freecat que lle da licenza C.C.2.0 a todas as súas imaxes, licenza que é válida para a Galipedia, polo que quizais podas atopar algunha alternativa alí. Se a atopases terías que indicar a procedencia incluindo a páxina de onde a sacaches como por exemplo: Image:Claustro da porteria mosteiro de montederramo.jpg subida por min.

Esto das imaxes semella inentendible ao principio pero co tempo algo se vai entendendo. Un saúdo e ánimo. Lansbricae (Ti dirás) 20:48, 2 setembro 2007 (UTC)

Resposta[editar a fonte]

Están ben subidas.

Unha cousa mellorable é que cando subas unha imaxe lle poñas un nome algo descriptivo no canto do nome orixinal, como Torre da Homenaxe de Monforte.jpg ou similar, e poñerlle unha categoría que xa o fago eu, neste caso sería Category:Imaxes de Monforte de Lemos.

Tamén esaría ben agradecerlle a FREECAT no campo de comentarios polo uso que facemos dela (eu niso dinlla nalgunhas(poucas) e falei por correo con él, polo que xa sabe que as estamos a usar e alégrase).

Parabéns pola rapidez na aprendizaxe, a min costoume bastante tempo máis (non diferencia de horas senón de días e días), e espero verte colaborando a miúdo en temas de patrimonio de Galicia (eu fixen unha proposta de categorías na que podes opinar en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Patrimonio histórico e artístico de Galicia. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 21:39, 2 setembro 2007 (UTC)

Ola de novo, pásate por o artigo que creaches xa que se require que referencies as fontes, podes velo tamén na páxina de discusión do artigo.

Tamén decirche que teño dúbidas sobre a imaxe que cargaches do maqui, de onde sacaches a información sobre a licenza?, porque na fonte que sinalas eu non din atopado referencia algunha a que licenza ten e se ese é o caso sempre se entende que teñen copyright. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:01, 3 setembro 2007 (UTC)

XoseCastroVeiga.jpg é unha violación do copyright[editar a fonte]

Aviso A imaxe XoseCastroVeiga.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe XoseCastroVeiga.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor. Por favor, revisa a Política de uso de imaxes para máis información sobre o uso e carga de imaxes na Wikipedia.

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:16, 4 setembro 2007 (UTC)