Conversa usuario:Chas~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Chas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 09:57, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Ola, bo día, moitas grazas. A verdade que non sei moi ben como vai isto, asi que admito toda a axuda do mundo, haha. O caso é que atopei algúns erros na entrada "xugo" e quería colaborar na medida que poida, para completar a información, desta e doutas entradas. Grazas, de verdade —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.36.171.107 (conversacontribucións) 10:42, 20 de agosto de 2012‎

Boas, se es o usuario Chas coméntoche uns detalles:
  • para traballar coa túa conta tes que conectarte poñendo o teu usuario e contrasinal
  • para contactar con outros usuarios tes que ir á súa páxina de conversa e facer os teus comentarios alí, isto é para que lle chegue o aviso de mensaxe nova
  • despois de facer un comentario debes lembrarte de asinalo sempre, podes usar o terceiro botón que hai enriba da caixa de edición (un lapis escribindo un f)
Se queres amañar algo nun artigo só tes que premer na pestana "Editar" e modificar e engadir o que consideres axeitado. Se tes calquera dúbida, xa sabes, ven á miña páxina de conversa! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:21, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Uff, aínda me queda moito que aprender; pero espero poder aportar algo. Moitas grazas pola túa axuda 83.36.171.107 11:43, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Pouco a pouco, xa firmaches, agora tes que entrar na túa conta co teu nome e contrasinal :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:48, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Creo que agora sa vou ben, hehe. Grazas de novo Chas (conversa) 11:56, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Moi ben, agora unha máis: tes que poñer as túas respostas na miña páxina de conversa :). É para que os programas da Wikipedia podan avisar ó outro usuario de que ten mensaxes novas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:06, 20 de agosto de 2012 (UTC)
Perfecto!, e con isto xa aprendiches o 75% da edición das wikis!! :). Veña, agora dalle a un artigo, seguro que hai algún acento ou outros erros en calquera deles. E xa sabes ónde estou por se precisas axuda!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:40, 20 de agosto de 2012 (UTC)

RE:Aprendendo[editar a fonte]

Vai pouco a pouco que traballo hai un monte! :). Para que vaias meténdolle o dente, os artigos do tema da etnografía galega están todos agrupados na categoría do seu mesmo nome, están aquí (ou deberían estar ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:38, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)