Conversa usuario:Carlapalomita

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Carlapalomita!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 16:56, 23 maio 2009 (UTC)

Ola, Carlapalomita. O artigo que creaches titulado Toxicidade da cocaína foi marcado cun aviso de copyvio. Iso quere dicir que algúns dos usuarios —eu mesmo entre eles— cren que podería ser unha copia dun texto xa publicado, e que tivese o ©. Se podes dar unha información completa sobre de onde sacaches a información e como elaboraches o artigo, este podería manterse, sempre que, iso si, se lle fixesen os necesarísimos cambios de estilo e forma. Se non, será borrado con certa brevidade. Se tes calquera dúbida, podes preguntarme a min ou a calquera outro usuario. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 19:00, 27 maio 2009 (UTC)

  • Acabo de corrixir un artigo dun compañeiro de teu, o da Toxicidade do paracetamol, para que vos sirva de guía á hora de facerdes outros artigos similares. Botádelle unha ollada e así ides aprendendo. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 19:13, 30 maio 2009 (UTC)