Conversa Wikipedia:Efemérides destacadas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • No Arquivo, cada apartado para cada dia deberia ir encabezado polo día porque tal e como están non se sabe a que dia corresponde cada un. Xosé (✉) 23:18, 6 novembro 2005 (UTC)
  • Feito ;) --Alyssalover(fálame) 11:53, 8 novembro 2005 (UTC)
  • Nas efemérides do martes 17 de abril a entrada Zapatero Primeiro Ministro de España é incorrecta, non existe tal cargo, é Presidente, e como moito Presidente do Consello de Ministros. --Lansbricae 01:32, 17 abril 2007 (UTC)
  • Solicito o desbloqueo (ou semi-desbloqueo, só para usuarios rexistrados) cautelar desta páxina no propio día. Normalmente é no propio día cando se decata un dos erros ou eivas, e é un lata solicitar á administración as mudanzas. En caso de que os vandalismos sexan desproporcionados, podería volver a bloquearse. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 01:52, 9 decembro 2008 (UTC)
A Portada é a porta de entrada na Galipedia para moitos lectores, o que alí aparece publicado serve para que se fagan unha primeira impresión sobre o proxecto ben sexa a súa primeira visita ben sexan lectores habituais, mesmo serve para que os visitantes xulguen a credibilidade do que van atopar. Por iso que apareza un contido vandálico é nefasto, máxime cando é unha das páxinas máis visitadas. Antes de ter protexidos en serie os contidos da Portada producíronse vandalismos (algúns rechamantes, téñase en conta que precisamente por ser a vía de entrada tamén o é para os que queren vandalizar). Mesmo no caso de que duren moi pouco tempo o efecto é prexudicial —máis ou menos prexudicial dependendo do vandalismo en concreto—. Debe terse en conta que aínda que o vandalismo dure menos dun minuto poden realizarse capturas de pantalla, ademais as consecuencias do vandalismo poden non limitarse á Galipedia posto que a Wikimedia ten outros sitios onde reproduce versións temporais deste proxecto e alí os vandalismos poden permanecer durante máis tempo sen que poidan corrixirse, tamén podería darse o caso de que segundo o momento no que se producise dita acción se propagase ás copias da Wikipedia noutros webs. En resumo, ter protexidos os contidos da Portada semella a mellor opción e o máis operativo semella ser corrixir os erros que poida haber nas efemérides o día anterior ou no mesmo día avisar aos administradores para que o fagan. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:49, 9 decembro 2008 (UTC)
  • Ola, eu penso que nas efemérides sempre (ou case sempre) debera haber unha ou dúas efemérides galegas (de cada 5 ou 6, que son as que acostuma haber na portada), porque senón parece que a historia, a lingua, as artes, a música, o deporte, etc só existen fóra de Galicia, feito moi lonxe da realidade. Por esa razón andei a poñer algunha efeméride galega. Ademais, buscando nos buscadores compróbase que non hai páxinas que teñan efemérides exlclusivamente galegas, polo que o traballo é máis difícil. Desde o meu punto de vista é máis importante un programa da televisión en galego que un deportista de élite non galego, por poñer un exemplo. Con isto quero dicir que non me parece correcto deixar 6 efemérides, onde ningunha se refire a Galicia e ao mellor poñen un deportista (sen pretender quitarlle o mérito ao deporte), o cal na maioría dos casos non achegou nada á nosa cultura. --Xoán Carlos Fraga 21:59, 14 de abril de 2010 (UTC)
Xoán Carlos, o que dis xa está especificado na guía de estilo de efemérides. Bótalle unha ollada. Se hai efemérides sen nada relativo á cultura galega, efectivamente cómpre tratar de solucionalo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:09, 14 de abril de 2010 (UTC)
Feito! Feito! polo usuario Xas, grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2013 ás 22:09 (UTC)[responder]

7 de marzo[editar a fonte]

Nas efemérides do día de hoxe penso que se debería cambiar parlamento palestino por parlamento palestino, xa que ao existir o artigo sobre este último, é preferíbel que as efemérides apunten de cara el e non cara parlamento e palestina, que son termos máis xerais. Saúdos. --JaviP96 7 de marzo de 2013 ás 19:04 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 19:50 (UTC)[responder]

11 de marzo[editar a fonte]

O 11 de marzo de 1985 Mikhail Gorbachev pasou a ser o presidente da URSS, e en 2006 morreu Slobodan Milošević, penso que son dous feitos con suficiente importancia histórica como para aparecer nas efemérides destacadas do 11 de marzo, a ver se algún administrador os pode incluír. --JaviP96 10 de marzo de 2013 ás 23:11 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Lembra que podes editar, se queres, as efemérides que non sexan do día. --Toliño Fala aquí comigo 12 de marzo de 2013 ás 12:29 (UTC)[responder]